O PP fai "trampas ao solitario" para prexudicar á maioría da flota do cerco

O PP fai "trampas ao solitario" para prexudicar á maioría da flota do cerco

O PP fai “trampas ao solitario” para prexudicar á maioría da flota do cerco

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou hoxe ao PP de “facerse trampas ao solitario” ao fixar uns criterios de reparto de cota de pesca que “beneficia a uns poucos e prexudica á maioría”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento sobre un reparto que mantén ao 80 por cento da flota amarrada a porto.

Val sinalou que “o problema está na aplicación do reparto individual” das cotas e na decisión de determinar que os dereitos históricos teñan un peso do 70 por cento sobre os repartos, o que vai contra da inmensa maioría dos buques galegos. Esixiu un modelo que garanta “o maior traballo posible a todos e cada un dos barcos do cerco, non que traballe un e o resto estean parados”.

Esixiulle ao PP e ao goberno galego que “asuman que o seu modelo non é viable ou non fai viable manter a actividade á gran maioría da flota de cerco” e que se manteñen acampados fronte a San Caetano. Lembrou que antes de que o PP tomara a “decisión política” de modificar os criterios, o traballo era rendible “todo o ano” para a flota de cerco.

Desafiou á Xunta a “dicir abertamente que o seu obxectivo é que queren reducir o número de barcos de cerco que faenan dende os portos galegos”. Advertiu que os armadores continúan “tremendamente preocupados” por esta situación, malia un descenso da tensión debido a que “hoxe están faenando en alta mar”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar