O PP exclúe deliberadamente a agricultores e gandeiros da devolución do céntimo sanitario

O PP exclúe deliberadamente a agricultores e gandeiros da devolución do céntimo sanitario

O PP exclúe deliberadamente a agricultores e gandeiros da devolución do céntimo sanitario

TractorO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe ao PP de excluír deliberadamente aos agricultores e gandeiros do acordo asinado cos transportistas para a devolución do céntimo sanitario. Así o dixo logo do debate en Comisión dunha proposición non de Lei para que a Xunta lle reclame a Facenda a devolución “de oficio” do cobro indebido desta taxa.

García acusou ao PP e ao goberno galego de “marear a perdiz con trámites innecesarios” para provocar que os agricultores e gandeiros renuncien a reclamar o cobro indebido por este imposto declarado ilegal polo Tribunal de Xustiza da UE. O obxectivo, dixo, é que cada ano que pasan sen reclamar a devolución é un ano que prescribe e un ano menos que o goberno ten que devolverlle aos gandeiros e gandeiras.

O deputado socialista reclamoulle ao goberno aplicar cos gandeiros e gandeiras o mesmo acordo asinado coa Asociación Sectorial de Transportistas para a devolución do céntimo cobrado irregularmente dende 2002. Instou ao PP a “deixarse de milongas” e reclamoulles que “decidan se se poñen do lado dos transportistas –apoiando a iniciativa- ou de Montoro”, antes de que o PP votara en contra da proposta.

Lembrou que os gandeiros utilizan un gasóleo modificado –tipo B- que teñen que adquirir utilizando unha tarxeta particular que deixa rexistrado o seu consumo, que tamén está reflectido nas declaracións da renda que realizan anualmente.

Esta circunstancia habilita ao goberno central a cumprir coa petición dos socialistas galegos de reingresar as contías “de oficio e sen necesidade de solicitude” previa. Tamén reclamara que o ingreso sexa imputado ao exercicio en que recoñece o dereito de devolución e que se manteña o período de catro anos hábiles para solicitar a devolución.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar