O PP evita aclarar “a situación real das adegas galegas” aínda que “os datos amosen dificultades en varias denominacións”

O deputado socialista José Antonio Quiroga preguntou esta mañá ó goberno galego pola “situación real das adegas galegas”, insistindo en que “os datos amosan dificultades en varias denominacións de orixe”.

Na Comisión de Agricultura, Quiroga  lamentou que o goberno galego “mire cara outro lado” ante a existencia de “graves eivas estruturais” no sector vitivinícola, “abocando ás denominacións de orixe a enfrontarse a serios problemas no futuro”.

Por este motivo, instou á Xunta a “tomar medidas urxentes” ante “unha situación crítica”, e a aclarar “cales son os datos reais” de tódalas denominacións, en canto á cantidade de adegas rexistradas ou o número de viticultores en activo.

O portavoz socialista de agricultura aludiu a unha “crise demográfica no mundo rural que se plasma na viticultura”, subliñando que “hai denominacións onde as   incorporacións á actividade   son   frecuentes, mentres que noutras, como a de Ribeira Sacra, son moi escasas e a avanzada idade dos viticultores ameaza con estancar a actividade”.

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar