O PP evidencia que quere perpetrar un amaño electoral

O PP evidencia que quere perpetrar un amaño electoral

O PP evidencia que quere perpetrar un amaño electoral

O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe o traslado formal ao PP da proposta socialista para reducir os custes de funcionamento do Parlamento “sen necesidade de reducir a democracia”. Lembrou que fronte á eliminación de 14 deputados proposta por Feijóo, os socialistas propoñen acadar un aforro catro veces superior mantendo os 75 escanos actuais.

 

O responsable socialista lembrou que a proposta socialista, feita pública a pasada semana por Pachi Vázquez, suporía un aforro de 25,6 millóns de euros por lexislatura fronte aos 6,4 que propón o PP, un 400 por cento mais. Ademais, esta iniciativa “mantén a representatividade, o equilibro territorial, o respecto ás regras básicas e o valor do consenso político”.

 

Urxiu ao Grupo Popular a atender á “necesidade de falar e dialogar” para acadar un aforro sen limitar o funcionamento da Cámara e advertiu que, coa súa negativa, o PP “ratifica que se trata dunha manobra electoral e non de aforrar custes”. Lamentou a postura “pouco construtiva” do PP neste debate, logo de que o pasado 31 de xullo o portavoz socialista remitira un escrito instando a revisar conxuntamente os custes do Parlamento.

 

Nin esta proposta nin a remitida por Pachi Vázquez foron a día de hoxe respondidas, malia que, puntualizou, “non altera nin o normal funcionamento do Parlamento, nin a representatividade popular, nin a administración autonómica”. Pola contra, a proposta de Feijóo para modificar a Lei Electoral supón perpetrar un “amaño dos resultados electorais”.

 

Ausencia clamorosa

 

Lamentou que o presidente da Xunta se manteña enrocado neste debate mentres transmite unha “ausencia clamorosa” diante dos asuntos económicos fundamentais para Galicia, constatando o “fracaso da política indsutrial e de fomento da política económica, mentres o presidente fuxe de calquera compromiso económico.

 

Sinalou así as críticas vertidas esta fin de semana por parte do sector eólico contra a “parálise e fracaso absoluto” do concurso eólico da Xunta de Galicia, que demostra que “non é viable nin o concurso eólico nin o plan industrial asociado”.

 

Advertiu que tanto o presidente da Xunta como o PP “insisten na viabilidade de algo que o sector determina como morto e sen capacidade algunha de retomar”. Lamentou que a Xunta se teña posicionado co Ministerio de Industria a prol do incremento das cargas fiscais ao sector en lugar de atender ás necesidades particulares de Galicia.

 

Ademais, salientou que o sector naval ten amosado o sábado pasado dende Vigo a gravidade da súa situación logo da inacción da Xunta fronte ao tax lease, e engadiu que “non temos noticias das xestións feitas para impulsar Navantia nin sequera o suposto acordo coa mexicana Pemex ten producido ningún efecto”.

 

Mentres, engadiu, os datos coñecidos sobre a actividade económica evidencian que o Igape, o principal brazo activo da Xunta en materia de impulso económico, permanece paralizado”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Manolo
    Agosto 13, 2012 a 23:52

    Poderiades facerlle a seguinte contraproposta:
    Ás medidas de aforro que apresentades poderiades engadirlle unha reducción de 75 a 71 escanos e baixar o listón do 5% ó 3%. Sería volver á mesma composición e criterios do 1º parlamento da autonomía e o PP non tería xa ningún argumento que vender.
    Un saúdo

Deixar a resposta

Pechar