O PP está a loitar polo control ideolóxico da Educación, retrocedendo un século do ensino público en España"

O PP está a loitar polo control ideolóxico da Educación, retrocedendo un século do ensino público en España"

O PP está a loitar polo control ideolóxico da Educación, retrocedendo un século do ensino público en España"

O viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao PP de “loitar polo control ideolóxico da educación” a través dunha posición “historicamente reaccionaria e retrógrada”. Así o dixo no debate en Comisión parlamentaria dunha proposta do PP que “só busca tapar a vergonza do que si din os orzamentos: recorte, recorte, recorte”.

Méndez Romeu criticou que o PP plantexa “dar marcha atrás a un século de educación pública en España”, e lembrou a Lei Moyano, que establecía que as menores “non participen en ensinanzas de carácter utilitario” e si reciban formación en fogar ou hixiene, e establecía como primeira asignatura Relixión e Moral Católicas.

O responsable socialista lamentou o rexeitamento do PP a unha emenda presentada polo PSdeG-PSOE para que a Xunta “desenvolva un Plan especial de actuación para incrementar as taxas de éxito escolar no noso sistema educativo que presentará ao longo do presente curso, e coa correspondente memoria económica, ante esta Cámara e ante o Consello Escolar de Galicia”.

Criticou a “obsesión histórica da dereita española cos problemas educativos sen parangón no contexto europeo agás na dereita italiana”, logo de que durante 30 anos de democracia “o PP estivo en contra de tódalas reformas educativas sen excepción”. Lembrou que España só puido establecer un sistema educativo universal e gratuíto con 30 anos de retraso, a finais dos 70, “coincidindo non por casualidade coa morte do ditador”.

Sen concreción nin recursos

O responsable socialista criticou hoxe a proposta do PP debatida na Comisión de Educación porque “non ten nin unha soa concreción, dato nin recurso” contra o fracaso educativo destinada a “agochar a redución do financiamento do sistema educativo”. Criticou que a Xunta vai “na dirección contraria” ao “suprimir 1.000 profesores así como as 60.000 horas que o profesorado dedicaba a tarefas complementarias”.

Advertiu que os resultados da xestión do ensino público por parte do PP en Galicia hoxe “o nivel de suspensos no ensino posobrigatorio ascende ao 80 por cento no pasado mes de xuño”. Dixo que o porcentaxe de abandono escolar en ensino secundario ascende ao 25 por cento, mentres o obxectivo da UE para o ano 2020 é do 10 por cento.

Mentres, dixo, o 30 por cento dos estudantes carecen de ensino posobrigatorio, fronte ao 15 por cento do entorno comunitario, o que demostra que a Xunta de Galicia desenvolve unha xestión “absolutamente ineficiente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar