O PP é responsable das páxinas máis negras da corrupción do Estado

O PP é responsable das páxinas máis negras da corrupción do Estado

O PP é responsable das páxinas máis negras da corrupción do Estado

O responsable da Área de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, responsabilizou hoxe ao PP dunha das “páxinas máis negras da corrupción no país”. O responsable socialista reclamou un “esforzo sincero” e “medidas reais” para garantir transparencia e contra unha corrupción que “non deixa títere con cabeza” dentro do partido que hoxe goberna Galicia e no Estado.

Os socialistas galegos presentarán unha serie de iniciativas no Pleno do Parlamento e na propia Comisión do Consello de Contas para reclamarlle a Feijóo que cumpra coas súas obrigas de loita contra a corrupción mais alá de “leis que cumpren formalmente dende o punto de vista do discurso, pero que non cumpren cos seus obxectivos reais”.

Díaz Villoslada fixo un relatorio dos últimos casos coñecidos, comezando polas prácticas de Rato como ministro, pasando pola chamada a testificar de Rajoy por causas de corrupción no seu partido, a detención hoxe do ex presidente de Madrid ou a apertura de xuízo oral contra o ex delegado da Xunta en Ourense.

“A sombra da corrupción no PP é demasiado alargada”, dixo, e criticou a resposta do PP contra a citación de Rajoy, na que atacan ao sistema xudicial “cando non vai de acordo cos seus intereses” e que pon en cuestión a súa “vontade real” de loitar contra estas prácticas. Con estes datos, dixo, “non é de estrañar que a corrupción sexa a segunda preocupación despois do paro, segundo o CIS”.

Anunciou que os socialistas galegos comezarán por iso unha ofensiva parlamentaria, xa dende o próximo Pleno do Parlamento, ao que levarán unha proposición non de Lei reclamando un plan antifraude na contratación pública de Galicia. Tamén presentarán na mesma sesión unha interpelación ao goberno galego para mellorar a transparencia na súa xestión.

O responsable socialista sinalou que o informe sobre Transparencia Internacional España presentado en decembro de 2016 revela que Galicia é a comunidade autónoma número 13 das 17 con menor índice de transparencia do Estado e é unha das 3 que baixaron de posición entre 2014 e 2016.

Alertou do impacto económico que teñen as prácticas corruptas, que foron contabilizadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia en torno a 40.000 millóns de euros ao ano, un 4,5 por cento do PIB. Tan só evitando a corrupción e incrementando o control sobre a fraude fiscal, sinalou, permitirían sanear as contas públicas e evitar os drásticos recortes que levaron aos servizos públicos ao límite.

Consello de Contas

A ofensiva parlamentaria dos socialistas galegos terá continuidade na Comisión do Consello de Contas, aproveitando as recomendacións que recollerá o ente fiscalizador na próxima reunión do órgano. Os socialistas queren utilizar ao máximo as novas competencias deste ente para que “o primeiro Plan Anticorrupción do Consello de Contas sexa moito máis que propaganda”.

Así, proporán medidas de protección dos denunciantes e de garantía de confidencialidade, así como medidas de cooperación coa fiscalía, ademais de solicitar a creación dunha Fiscalía Anticorrupción propia de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar