O PP e a Xunta están a provocar a crise de Megasa e a desaparición de 1.200 postos de traballo en Ferrolterra

O PP e a Xunta están a provocar a crise de Megasa e a desaparición de 1.200 postos de traballo en Ferrolterra

O PP e a Xunta están a provocar a crise de Megasa e a desaparición de 1.200 postos de traballo en Ferrolterra

A parlamentaria socialista Beatriz Sestayo advertiu que o voto en contra do PP á proposición non de Lei socialista para modificar a orde que regula a enerxía está a condenar á empresa Megasa e a 1.200 postos de traballo en Ferrolterra. Sestayo acusou ao PP de “alterar as regras da competencia en favor de determinadas empresas a costa de outras”.

A parlamentaria ferrolá dixo que o PP “demostra con continuas agresións ao pobo e á intelixencia que gobernan para un sector, gobernan para pisar, para recortar cidadanía e dereitos dos traballadores”. Así o dixo logo de que o PP se negara a apoiar unha proposta socialista para pedirlle ao goberno que tome medidas “inmediatas e urxentes” dirixidas a modificar dita orde e asegurar “leal competencia sen discriminación”.

Sestayo advertiu que o goberno galego está a condenar a 1.200 postos de traballo da única siderúrxica galega, con “profunda influenza e transcendencia en Galicia e sobre o emprego de Ferrolterra”. Puntualizou que só esta empresa xera o 30 pro cento do tráfico portuario de Ferrol, e constitúe “un dos últimos sustentos” dunha comarca que actualmente conta con tanta poboación activa ocupada como parada.

Acusou a Feijóo de ter o “mérito” do “desmantelamento da capacidade produtiva e de innovación” dunha comarca maltratada pola crise industrial. Sinalou que se mantén grazas a “traballadores e traballadoras que coa coraxe de tomar o control das súas empresas, como Privilege, para saír adiante” mentres soporta as mentiras de Feijóo e os falsos compromisos co naval, o compromiso co dique flotante ou os contratos con Pemex.

A responsable socialista reclamáralle ao goberno galego que se dirixa ao goberno central para modificar a orde que modificou o servizo de xestión da demanda de interrumpibilidade para os consumidores que adquiren a súa enerxía no mercado de produción para “establecer e regular condicións que aseguren a leal competencia entre as empresas sen discriminacións entre as que operen no mesmo sector”.

Sestayo dixo que Feijóo provocou a publicación dunha orde ministerial en plena precampaña electoral a modo de “parche para salvar a súa cara” pero que en realidade “leva a un caos ás empresas enerxéticas de Galicia, a unha enorme inseguridade xurídica do sector e á devandita alteración das regras da competencia leal”.

Absolutismo

A parlamentaria socialista denunciou que a Cámara autonómica teña vetado o acceso ao debate de hoxe aos representantes dos traballadores que se manifestaron fora do recinto parlamentario. Acusou ao PP de “confundir a maioría absoluta cun absolutismo e un simulacro da democracia para desfacer todo canto facemos”, e lembroulles que “a responsabilidade do que lle acontece aos traballadores de Megasa a teñen vostedes”.

Acusou ao PP de “censurar e amordazar” aos traballadores e traballadoras que “non poden falar nin escoitar no Parlamento e teñen que escoitar a intervención dende fora da Cámara”. Dixo que “insultan á sensibilidade, á decencia e a calquera sentimento humano vindo a cubrir unha quenda de intervencións que lles sobra mentres fora hai centos de manifestantes cunha mordaza posta pola Cámara autonómica”.

A parlamentaria socialista dirixiuse ao remate da súa intervención ao escano baleiro do presidente da Xunta, onde depositou unha camiseta a prol da siderúrxica ferrolá, co lema “Megasa, solución!”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar