O PP devolve a atención temperá ao modelo asistencial "de hai 30 anos"

O PP devolve a atención temperá ao modelo asistencial "de hai 30 anos"

O PP devolve a atención temperá ao modelo asistencial “de hai 30 anos”

atencion-tempranaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de volver a atención temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos “ao modelo asistencial da discapacidade de hai 30 anos”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade sobre o incumprimento das normas do goberno para coordinar a atención entre Sanidade, Política Social e Educación.

A deputada socialista explica que a publicación do “Proceso Asistencial Integrado de Atención Temperá” por parte da Consellería de Sanidade supón na realidade limitar a asistencia a estes rapaces á mera atención sanitaria, excluíndo ao resto de departamentos. Dixo que “non se pode desligar a atención terapéutica da psicolóxica, e mesmo chegan a suprimir figuras clave como a do psicomotricista”.

A Consellería incumpre así tanto o decreto de 2013 da creación da Rede Galega de Atención Temperá coordinada entre Sanidade e Política Social –daquela Traballo e Benestar- e o Protocolo Conxunto de Coordinación, Intervención e Derivación, que sumaba ademais a Educación, aprobado en 2014 polo Consello Autonómico de Atención Temperá.

Estas dúas ferramentas, concibidas “na boa senda”, nunca foron implementadas, e agora mesmo son incumpridas de forma flagrante polo goberno galego provocando a preocupación entre os pais e nais destes nenos e nenas, como vén de trasladar a Asociación Galega de Atención Temperá.

Estes son conscientes, explicou, que “o que ten feito o goberno galego é moi escaso”, facendo de Galicia a Comunidade Autónoma que menos destina á atención temperá, con 10,24 euros por neno para o ano 2015, moi lonxe dos 24 de Andalucía ou os 56 de Aragón.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar