O PP desprotexe aos traballadores galegos

O PP desprotexe aos traballadores galegos

O PP desprotexe aos traballadores galegos

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao PP de “desprotexer” aos traballadores galegos. Así o dixo logo de que rexeitaran unha proposta socialista para mellorar a prevención de riscos laborais. Galicia padece o 5 por cento dos accidentes laborais e o 10 por cento dos mortais de todo o Estado, a pesares de traballar 3 millóns de horas semanais menos.

Criticou o desleixo do goberno galego, que reduciu á metade o orzamento dedicado á prevención de riscos laborais con respecto a 2009, o que provocou que o índice de incidencia de accidentes de traballo mortais ao ano aumentaran un 30 por cento dende o ano 2013.

A responsable socialista explicou que o motivo é a precarización das condicións laborais e a redución dos recursos humanos e económicos dedicados á prevención de riscos. Así, dixo, o 20 por cento dos accidentes son sufridos por persoas con contratos de menos de 3 meses, mentres a ratio de inspectores de traballo –un por cada 18.000 traballadores- é a metade da recomendada pola UE –un inspector para cada 10.000 traballadores-.

Noela Blanco acusou ao PP de “presumir de subir o orzamento do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia –ISSGA- durante 2017, pero agochan que o incremento é exactamente o mesmo que vai cobrar Arsenio Fernández de Mesa, 300.000 euros”.

Os socialistas reclamaron hoxe que a Xunta potencie a posta en marcha da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde Laboral e recupere o orzamento dedicado á prevención de riscos laborais. Ademais reclámalle ao goberno central que cubra tódalas prazas vacantes na Inspección de Traballo, ampliando o número de funcionarios, e cumpra co Plan de Prevención 2016-2020.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar