O PP demostra unha visión "sesgada e pobre" ao vetar un Plan de Termalismo para Pontevedra

O PP demostra unha visión "sesgada e pobre" ao vetar un Plan de Termalismo para Pontevedra

O deputado socialista Pablo García criticou hoxe a “visión sesgada e pobre” do PP, logo do seu veto a unha iniciativa socialista que pedía un plan termal provincial para Pontevedra. Advertiu da “incongruencia” do PP no Parlamento e na Deputación cos seus propios concelleiros, que votaron a favor dunha estratexia común para impulsar o termalismo na provincia.

Instou ós concelleiros do Partido Popular dos concellos afectados da provincia a pedir explicacións ó Sr Louzán e á Xunta de Galicia pola marxinación que sofre a Provincia de Pontevedra no Plan Termal Galego, que segundo defendeu hoxe o PP debe circunscribirse á provincia de Ourense.

Lembrou que esta iniciativa parte do concello de Caldas de Reis, onde o seu alcalde recabou o apoio de toda a corporación municipal, incluído o PP, para que a Xunta repita nesta provincia un plan termal semellante ao encetado en Ourense. García lamenta que sexa o propio PP o que quere circunscribir á provincia de Ourense o impulso ao termalismo.

Si naquela provincia se trata de 11 concellos, en Pontevedra son 6 os interesados en ampliar e fortalecer a oferta termal. Lembrou que a provincia conta con 6 vilas termais –Caldas, Cuntis, O Grove, Mondariz, Tui e Vila de Cruces-, 9 balnearios activos nas vilas termais, ademais de outros 4 talasos e 11 spas en diversos hoteis.

Os socialistas galegos solicitaran hoxe que o dito Plan Termal incluíra as necesarias obras de mellora de contornos, estradas, fontes, captacións e todas as infraestruturas relacionadas cos servizos de termalismo deses municipios.

Ademais, reclamaron “empregar os fondos achegados pola Xunta, Deputación e concellos na mesma proporción e contía que o acordo asinado para a provincia de Ourense”, onde foi posto en marcha un acordo incluíndo diversas actuacións en materia de infraestruturas, servizos e promoción de termalismo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar