O PP "debulla unha Galicia que non existe" para vetar as iniciativas socialistas de loita contra o paro, a pobreza e a exclusión social

O PP "debulla unha Galicia que non existe" para vetar as iniciativas socialistas de loita contra o paro, a pobreza e a exclusión social

O PP "debulla unha Galicia que non existe" para vetar as iniciativas socialistas de loita contra o paro, a pobreza e a exclusión social

Grupo SocialistaCarmen Gallego anuncia o apoio a unha iniciativa do PP “insuficiente, cativa e declarativa” contra a corrupción e lamenta o veto imposto por Feijóo á proposta socialista “realista e ambiciosa”.

O Parlamento aproba unha proposta de resolución do Grupo Socialista para eliminar a discriminación na concesión de axudas e incluíndo cláusulas sociais nos contratos públicos.

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao PP de “debullar unha Galicia que non existe” no debate do Estado da Autonomía. Así o dixo logo de que os populares anunciaran o rexeitamento a tódalas iniciativas do Grupo Socialista agás unha, votando en contra das propostas para frear o medre do paro, da pobreza e da exclusión social.

Gallego reclamoulle a Feijóo que “deixen que a realidade toque ao seu goberno” para facelo “consciente de que en Galicia hoxe hai paro, pobreza e exclusión social, mais que cando vostede chegou”. Gallego acusou ao presidente da Xunta de “torturar os datos” para xustificar o desleixo do seu goberno para impulsar a economía, frear o desemprego e paliar a pobreza.

Criticou a falla de compromiso do goberno galego ao rexeitar a proposta para constituír dunha “Axenda extraordinaria e urxente polo emprego” que inclúa a recuperación de 400 millóns de euros no orzamento das políticas activas de emprego ata 2016. O obxectivo, lembrou, é acadar un mínimo de 50.000 postos de traballo no próximo bienio, con medias específicas para mozos e mozas, mulleres e maiores de 45 anos.

Mentres, dixo, o PP presenta un Plan de emprego para maiores “sen concretar orzamento nin método”, cando destina ás políticas activas de emprego “menos da metade que hai cinco anos”. Censurou que o PP “pretende competir internacionalmente recortando os salarios en lugar de impulsar a innovación e o valor engadido”.

Explicou que os socialistas galegos inclúen a proposta de aumentar o número de persoas perceptoras dunha renda social ata acadar as 33.000, unha contía semellante ás familias sen ingresos en Galicia. Acusou ao goberno galego de “substituír dereitos por caridade e inclusión por asistencialismo” mentres autonomías como Asturias, con menos taxa de pobreza que Galicia e menos poboación dedica o dobre de orzamento a integración”.

Cláusulas sociais

A responsable socialista salientou que a única proposta aprobada polo PP fora a garantía de criterios obxectivos e non clientelares no reparto das axudas da Xunta, logo de constatar o “descarado clientelismo por intereses políticos”. Lembrou que hoxe o concello de Vigo percibe menos axudas para impulso do emprego que calquera dos concellos da área metropolitana precisamente por mor da súa cor política.

A proposta insta a “obxectivar e dar a coñecer publicamente os factores para o outorgamento de calquera dotación pública con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, rexeitando a discriminación en base a elementos non imparciais e inxustificados”.

Advertiu que a única proposta de resolución que o PP foi incapaz de rexeitar inclúe precisamente a inclusión de cláusulas sociais nos contratos públicos que impulsou o secretario xeral do PSdeG-PSOE na Deputación de Lugo.

A iniciativa esixe que os procesos de contratación pública que leve a efecto o sector público autonómico inclúa novas cláusulas sociais “tal que incidan na mellora das condicións socio laborais e promovan o aumento e calidade do emprego”.

Pacto Institucional pola Integridade

A responsable socialista lamentou o rexeitamento polo PP ao Pacto Institucional pola Integridade proposto polos socialistas galegos malia as propostas de transacción enviadas a última hora de hoxe polo Grupo Socialista. Gallego acusou ao presidente da Xunta de “non tomarse en serio a loita contra a corrupción”.

Os socialistas galegos, explicou, votaron a favor da iniciativa do PP contra a corrupción para demostrar o seu compromiso na loita contra esta lacra, malia considerar que a iniciativa resulta “insuficiente, declarativa e cativa” ademais de estar “feita para lavar a súa cara”.

Esixiulle ao presidente da Xunta que “comece por contar a verdade, ser honesto, dar explicacións polas augas turbias nas que está envolto o seu partido e vostede mesmo, deixe de degradar as institucións e de golpear a calidade da democracia”.

Lembrou que forma parte “dun partido que conta cunha caixa B, con financiación ilegal”, tal e como teñen constatado o ex tesoureiro Bárcenas ou o ex secretario de Organización Pablo Crespo, así como pola Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da policía, e que aínda “non explicou a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado nin de cómo se pagou a sede do PP de Pontevedra”.

Os socialistas galegos pediron o voto separado da iniciativa dirixida a modificar a Lei Electoral por unha maioría cualificada de dous terzos, ademais da redución do número de persoas aforadas. A iniciativa socialista inclúe a supresión do voto rogado coa creación de circunscricións electorais no exterior que permitan o voto en urna no país de residencia.

Tamén votaron por separado a proposta de reforma do Regulamento do Parlamento que obrigue ao goberno a presentar a documentación requirida polos grupos ou polo contrario impoña a presenza os titulares das consellerías en sesión ordinaria. A iniciativa inclúe a constitución de comisións de investigación cunha terceira parte dos votos da Cámara ou o aumento dos períodos de sesións.

Gallego quixo constatar así o rexeitamento do PP a estas propostas mentes Feijóo “xoga coa falsa idea do aforro para recortar o Parlamento e a democracia” mentres “gasta mais en asesores do goberno que en deputados e deputadas”. Acusou ao presidente da Xunta de promover un “pucheirazo electoral” seguindo o mesmo camiño de Rajoy para “tentar manter as alcaldías que sabe que doutro xeito perderá”.

Proposta de resolución do Grupo socialista aprobada hoxe

Transacción elaborada polo Grupo Popular sobre a Proposta de Resolución número 39 do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a obxectivizar e dar a coñecer publicamente os factores para o outorgamento de calquera dotación pública con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, rexeitando a discriminación producida en base a elementos non imparciais e inxustificados, incluíndo as contías dirixidas ao ámbito local.

Igualmente, o sector público autonómico incluirá novas cláusulas sociais nos procesos de contratación pública que leve a efecto, tal que incidan na mellora das condicións socio laborais e promovan o aumento e calidade do emprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar