O PP debe convencer aos seus deputados no Congreso para apoiar a transferencia da AP-9

O PP debe convencer aos seus deputados no Congreso para apoiar a transferencia da AP-9

O PP debe convencer aos seus deputados no Congreso para apoiar a transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dirixiuse hoxe ao PP para que “convenza aos seus deputados para que dean luz verde” á transferencia da AP-9 a Galicia. Así o dixo no debate da proposición de Lei apobada hoxe por unanimidade do Parlamento, na que é a segunda tentativa de levar adiante esta proposta logo do veto imposto polo Goberno na Mesa do Congreso.

O responsable socialista chamou a “facer todo o posible” para aprobar a iniciativa coa unanimidade do Congreso e conseguir unha xestión “dende a proximidade” que permita unha “carga de peaxes menor para os usuarios”. Esta medida permitiría abrir a porta, dixo, mesmo á desaparición do cobro polo uso dunha infraestrutura fundamental para a vertebración do territorio galego.

Fernández Leiceaga, que será un dos encargados de defender esta proposta no Congreso dos Deputados, puntualizou que “o único que nos importa hoxe é que saia adiante en Madrid, non que alguén queira colgarse unha medalla que non merece”. Sinalou que o consenso é a única vía para que poida ter éxito, e alertou de que “patrimonializar unha iniciativa que pertence a toda a Cámara é a mellor garantía do seu fracaso”.

Mala decisión de Aznar e Fraga

Explicou que a situación actual da infraestrutura deriva da “mala decisión” do goberno de Aznar, que cando estaba Fraca presidindo o goberno galego prolongou a concesión ata 2048. Aquela decisión, dixo, “nos compromete a todos, e da lugar a que a Administración Xeral do Estado obteña un saldo neto positivo da AP-9 porque –explicou- as obras de ampliación son pagadas polos usuarios a través das peaxes”.

A cambio, o Estado percibirá máis de 500 millóns de euros a través do impostos de sociedades ata o remate da concesión mentres os condutores asumen as subas das peaxes. Sen embargo, de aprobarse esta iniciativa permitiría iniciar a discusión na Comisión Mixta de Transferencias para acadar a rebaixa das peaxes facendo valer aquel saldo a favor do Estado.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar