O PP debe baixar do autobús de "Hazte Oír" para apoiar a Lei Galega de Identidade de Xénero

O PP debe baixar do autobús de "Hazte Oír" para apoiar a Lei Galega de Identidade de Xénero

O PP debe baixar do autobús de “Hazte Oír” para apoiar a Lei Galega de Identidade de Xénero

A portavoz de LGTBI do Grupo Socialista, Noela Blanco, instou hoxe ao PP a baixar do autobús de “Hazte Oír” para apoiar o proxecto de Lei Galega de Identidade de Xénero. A iniciativa foi presentada no Rexistro do Parlamento por socialistas, nacionalistas e Marea, acompañados dos representantes das asociacións LGTBI que colaboraron para redactar o texto.

A responsable socialista lamentou que a mentalidade do PP “segue pechada no autobús” da organización ultraconservadora que estes días percorre Galicia, e dixo que “terán que amosar se están a favor ou en contra dos dereitos das persoas que están a gobernar”. Lembrou que en autonomías como Madrid ou Murcia, onde gobernan sen maioría, estas leis saíron adiante.

Sinalou que “terán que demostrar se o fan pola presión da oposición ou porque realmente cren na ampliación de dereitos”. Puxo como contraste a posición dos socialistas galegos, “sempre a carón do colectivo LGTBI”, tanto dende o goberno, aprobando o matrimonio homosexual, como dende a oposición, impulsando a Lei LGTBI de Galicia aprobada en 2014.

A presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans –Arelas-, Cristina Palacios, instou pola súa banda ao PP a “posicionarse a favor das mensaxes de odio e de transfobia”, ou “dos que defendemos e loitamos cada día porque cada persoa, sexa cal sexa identidade e orientación teña cabida nesta sociedade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar