O PP converte a Casa da Xuventude de Ourense "nun deserto" por defender á xestora, curmá de Feijóo

O PP converte a Casa da Xuventude de Ourense "nun deserto" por defender á xestora, curmá de Feijóo

O PP converte a Casa da Xuventude de Ourense “nun deserto” por defender á xestora, curmá de Feijóo

A deputada socialista Noela Blanco criticou hoxe a xestión da Casa da Xuventude de Ourense, “convertida nun deserto por unha persoa á que –o PP- non deixa de protexer por ser a curmá do seu xefe”. Aludiu así á xestión da actual xerente, que cambiou o nome da entidade polo de “Espazo Xove”, pechou as portas ás asociacións xuvenís e mesmo instalou un Punto de Encontro Familiar.

A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Política Social celebrada hoxe na que sinalou a contestación social “unánime” sinaladamente dende as asociacións xuvenís “de toda cor política”. Estes critican a súa actuación como “censora de actividades”, así como a “excesiva burocratización contra os colectivos que ideoloxicamente non interesan” ou a redución de espazos e servizos.

Criticou que, logo de ter tomado unha entidade convertida en referente social e xuvenil durante os 30 anos de xestión a cargo de Benito Losada, hoxe “teñen transformado un edificio que era un espazo social e cultural nun edificio administrativo baleiro de contido social e participativo”.

A responsable socialista acusou ao PP e ao goberno galego de intentar “acabar co tecido asociativo” e co “espírito crítico e construtivo que sempre lles molestou”, e utilizar as institucións para “colocar” a determinadas persoas e “primar ás asociacións xuvenís afíns”.

Proposta

Os socialistas reclamaron hoxe “recuperar o esquema de funcionamento da entidade, suprimindo o posto de coordinadora de actividades da Casa da Xuventude de Ourense, e restituíndo das súas funcións e plenos poderes á Dirección do centro”, fomentar a participación xuvenil ou relocalizar o Punto de Encontro Familiar nun emprazamento “máis idóneo”.

Tamén propuxo reactivar o Consello de Xestión coa restitución das súas funcións coxestoras dentro da Casa da Xuventude e cambiar a denominación da entidade pola de “Casa da Xuventude de Benito Losada”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar