O PP converte a auga nun negocio especulativo mais

O PP converte a auga nun negocio especulativo mais

O PP converte a auga nun negocio especulativo mais

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP de ter convertido á auga “nun negocio especulativo mais” a través dunha Lei de augas “meramente recadatoria”. Así o dixo no debate dunha moción para excluír os servizos da auga do ámbito da liberalización e adaptar os prezos á realidade social, que foi rexeitada polo PP.

Vilán criticou que o PP “está convertendo a auga nun negocio especulativo mais, está eludindo a súa responsabilidade de garante na custodia da auga como ben público, está entregando a auga a un mercado que transforma en meros clientes aos que, ata o de agora éramos titulares e usuarios coa finalidade de desamortizar os bens públicos”.

A responsable socialista instou ao PP a que “esixa aos seus parlamentarios europeos que apoien a iniciativa lexislativa popular ante o lexislativo comunitario para que se exclúan os servizos da auga do eido da liberalización, garantindo a súa condición de ben público”.

A parlamentaria socialista reclamáballe hoxe tamén ao goberno galego a elaboración dun estudo destinado a “adaptar os prezos á realidade da sociedade galega”, e criticou que “están a chamar medida social ao incremento no recibo da auga”. Puntualizou que este incremento é do 43,06 por cento no abastecemento doméstico e do 32,04 por cento na depuración doméstica.

Acusou ao goberno galego de executar un incremento encuberto das tarifas da auga baixo a creación dos novos tributos do “canon da auga” e “coeficiente de vertedura”. Ademais, explicou que o goberno obriga a realizar tres liquidacións ao ano para cobrar mais en concepto destes tributos, co que en lugar dos 32 millóns de euros previstos, a cantidade final podería roldar os 40 millóns de euros.

Patricia Vilán advertiu que esta nova recadación está a ser aplicada dende o último trimestre de 2012, onde a Xunta obrigou a unha vivenda de cinco persoas a abonar 11,36 euros de mais, o que suporá case 46 euros ao ano.

Autonomía dos concellos

A parlamentaria socialista lamentou tamén que o PP se opuxera a esta iniciativa que reclamaba “respectar a autonomía dos concellos, asumindo Augas de Galicia a xestión e recadación dos novos tributos”. Sinalou que os concellos que non teñen entidades que xestionen o servizo de augas “teñen que facer de recadadores de tributos e asumir as morosidades nos pagos de maneira gratuíta”.

Os socialistas galegos reclamaron tamén adaptar a lexislación galega á directiva Marco da Auga aprobada pola UE en 2000, pola que o presidente da delegación europea que visitou Galicia en febreiro “dixo que o saneamento non está listo nas cidades de mais de 15.000 habitantes”.

Advertiu o “bochorno” que supuxo que sinalara que “en Ferrol, coa marea baixa, se miran desagües que verten á ría, ou que na Coruña hai problemas de lodos que non recibiron explicación por parte da Xunta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar