O PP busca a desaparición dos viticultores

O PP busca a desaparición dos viticultores

O PP busca a desaparición dos viticultores

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe ao PP de buscar “a desaparición dos viticultores” do campo galego. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para condicionar as axudas públicas ás adegas a asinar contratos homologados e pagar en prazo, que foi rexeitada polo PP na Comisión de Agricultura do Parlamento.

O voto do PP, dixo, evidencia a súa “decisión política de converter ás adegas en propietarias da uva”, executando “unha ideoloxía e unha maneira de ver o país lexítima pero contraria aos produtores” de uva. Criticou que o PP e o goberno galego fagan a vista gorda diante de casos como o da Denominación de Orixe do Ribeiro, que en tres anos non asinou un só contrato, ou dos retrasos de ata tres anos nos pagos aos produtores.

O responsable socialista subliñou que “non podemos obrigar a adegas e produtores a asinar contratos, pero podemos condicionar as axudas públicas do goberno galego para apoiar aos produtores, que son o eslabón máis débil da cadea”. Censurou que o goberno galego teña concedido axudas aos viticultores para exportación “sen esixirlles contrato nin o pago en tempo e forma”.

Subliñou que “pódese facer, non é nada ilegal nin revolucionario, é unha decisión política, pero vostedes non queren estar do lado dos produtores, queren un modelo sen produtores”. Unha posición contraria á dos socialistas pero, dixo, “lexítima se non fora apoiada cos cartos públicos que lles deron para adquirir os dereitos de plantación” e marxinar cada vez máis aos viticultores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar