O bloqueo do PP a incrementar os orzamentos á RAG pon en perigo o novo dicionario da lingua

O bloqueo do PP a incrementar os orzamentos á RAG pon en perigo o novo dicionario da lingua

O bloqueo do PP a incrementar os orzamentos á RAG pon en perigo o novo dicionario da lingua

O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, criticou hoxe a negativa do PP a incrementar as aportacións da Xunta á Real Academia Galega en 250.000 euros. No debate dunha iniciativa socialista en Comisión, dixo que esta decisión supón “unha cornada máis á lingua que doe moitísimo” que pon en perigo iniciativas como a nova edición do dicionario da lingua.

O responsable socialista reclamáballe hoxe á Xunta que equiparara as súas contribucións á RAG ás realizadas polo Estado, o que suporía incrementar os orzamentos en 250.000 euros. Dixo que se trata dunha “cantidade pequena que suporía non ter que prescindir dalgún dos programas en marcha, dalgún traballador e mesmo ter que paralizar o novo dicionario da lingua”.

Advertiu que, dada a situación actual, a realidade é que a administración central é a que está financiando na súa meirande parte á Real Academia da Lingua en lugar de ser a administración autonómica “cando era o seu”.

Lembrou que a RAG obtivo o ano pasado un orzamento dun millón de euros procedente do Estado grazas a unha emenda dos socialistas aos orzamentos que permitiu equiparar o seu financiamento aos homólogos vasco e catalán. Este orzamento completábase cun convenio coa Xunta por importe de 480.000 euros ligados ás actividades desenvoltas polo ente.

Advertiu que neste ano o goberno presentou nos orzamentos unha aportación de “pouco mais de 300.000 euros”, que foi de novo emendada polos socialistas para recuperar o millón de euros e que finalmente ficou nun orzamento de 700.000 por unha emenda do PP que está pendente de ser aprobada no Senado. Sen embargo, a Xunta reduciu as súas aportacións aos 280.688,45 euros en base a un convenio.

Sinalou que estas reducións resultan “moi considerables” e deixa á RAG nunha situación “moi complicada”, polo que reclamou á Xunta equiparar o orzamento que fixen as cortes, elevando a cifra en apenas 250.000 euros.

Lamentou que o PP se teña negado e advertiu que a nova xestión de Feijóo, ademais de reducir as aportacións, adía o seu pagamento dun ano para outro, co que “intentan facer pasar por novos orzamentos o que é pago de atrasos.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar