O PP aumenta as competencias do Consello de Contas para logo votar contra as súas recomendacións

O PP aumenta as competencias do Consello de Contas para logo votar contra as súas recomendacións

O PP aumenta as competencias do Consello de Contas para logo votar contra as súas recomendacións

Consello de ContasO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, sinalou hoxe a contradición do PP ao ter modificado o Consello de Contas, dotándoo de novas competencias, para “logo non aceptar o que recomenda”. Así dixo no debate dos informes de fiscalización das contas correspondentes aos plans de traballo de 2014 e 2015, hoxe no Parlamento, no que o PP rexeitou 10 das 11 propostas de resolución presentadas polos socialistas galegos.

O responsable socialista levou á Cámara as queixas do ente fiscalizador ante a falla de información por parte da Xunta, que provoca “limitacións” ao seu traballo. Así, o propio Consello de Contas protesta polas reiteradas eivas na información do goberno galego, que agocha a información sobre a antigüidade dos debedores de cobro, as desviacións de orzamento acumuladas ou sobre as previsións de ingresos”.

González Santín sinalou o “gran número de modificacións” orzamentarias, e que malia ás advertencias do Consello de Contas chegaron a aumentarse nun 27 por cento no último exercicio, co que “o orzamento aprobado pola Xunta e o finalmente aprobado non teñen nada que ver. O PP rexeitou sen embargo unha proposta de resolución do PSdeG para reducir estas modificacións.

Tamén reclamaron uns “orzamentos mais realistas” para que o goberno deixe de utilizar o Fondo de Continxencia “como un caixón de sastre para partidas que non foron orzamentadas axeitadamente”. Esta proposta foi rexeitada polo PP, que tamén rexeitou unha iniciativa socialista para corrixir a baixa execución orzamentaria –que en ocasións apenas acada o 60 por cento-, nomeadamente no tocante a transferencias e subvencións.

O PP impediu ademais aprobar unha proposta de resolución dirixida a cambiar a política de persoal do Sergas, logo de que o Consello de Contas alertara da precarización do emprego público, con 882 baixas de postos públicos e a contratación, a cambio, de 529 eventuais. Esta precarización, advertiu, “repercute de forma directa na xestión dun servizo público” fundamental como é a sanidade.

Tampouco aceptaron as iniciativas socialistas para eliminar o gasto desprazado de contas públicas, que volve aumentar neste exercicio, así como a posta en marcha dos Consellos de Saúde, esixidos pola Lei de Saúde, a maior independencia no Fegas e maior rigor na programación de cursos, así como asumir as observacións do Tribunal de Cuentas para revisar o carácter das fundacións públicas sen capacidade de captar recursos externos.

O PP tan só aceptou unha proposta socialista para que a Xunta de Galicia, “de a cara ao novo período de programación dos Fondos Europeos 2014-20, deberá seguirse coa mellora da transparencia e do acceso á información por parte dos cidadáns ou de calquera entidade ou organismo xestor, ou beneficiario dos distintos fondos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar