O PP aproba o teito de gasto co voto en contra dos socialistas galegos

O PP aproba o teito de gasto co voto en contra dos socialistas galegos

O PP aproba o teito de gasto co voto en contra dos socialistas galegos

O portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe o teito de gasto imposto polo PP e aprobado hoxe polo Parlamento cos votos en contra do Grupo Socialista. Losada reclamou pola contra un aumento dos ingresos que permitan “resolver os problemas da cidadanía” e blindar os servizos públicos.

O responsable socialista sinalou que “prefiro falar de aplicar un chan de ingresos, porque o importante é definir o que unha sociedade está disposta a recadar para saber o que pode gastar co obxectivo de resolver os problemas dos cidadáns”. Na súa intervención, advertiu fronte aos anuncios do goberno galego de rebaixar impostos, o que “significa recortes e unha sociedade máis empobrecida e dual”.

Losada reclamoulle ao goberno que explique “cales son os gastos que queren baixar” para acadar a anunciada rebaixa de impostos. Lembrou que polo contrario Galicia aínda ten marxe de manobra para incrementar a recadación en base aos impostos ás rendas altas, ao patrimonio, sucesións, superficies comerciais ou sobre as industrias contaminantes.

Publicidade e propaganda

O responsable socialista criticou o “enorme exercicio de publicidade e propaganda” realizado por Feijóo dende 2009, que se presentou como xestor eficaz para aplicar recortes drásticos e “quedarnos fora Fondo de Liquidez Autonómica –FLA-”.

Losada cuestionou esta estratexia “vendo que o fondo ampliouse sen data límite, a condicionalidade non foi exercida e serviu para financiar todo o gasto de outras autonomías a custe cero”.

Criticou que Galicia aplique sen crítica o teito de gasto imposto dende Madrid, tal e como admitiu o límite de déficit sen pelexar pola súa ampliación, a pesares do cal terá que padecer o axuste de 5.500 millóns de euros impostos dende Bruxelas e sen protestar por que o Estado teña “desaparecido” do Plan de Reactivación Económica, coñecido como Plan Junker.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar