O PP aproba a lei de cadea alimentaria ninguneando o acordo asinado en Galicia, e avalado por Feijóo, para que por lei os prezos cubran custos de produción

O PP aproba a lei de cadea alimentaria ninguneando o acordo asinado en Galicia, e avalado por Feijóo, para que por lei os prezos cubran custos de produción

O PP aproba a lei de cadea alimentaria ninguneando o acordo asinado en Galicia, e avalado por Feijóo, para que por lei os prezos cubran custos de produción

A deputada socialista galega Laura Seara denuncia que “o PP aprobou no Congreso unha Lei sobre a cadea alimentaria coa que condena irremediablemente á ruína ao sector produtor lácteo galego”. A aprobación tivo lugar na Comisión de Agricultura con competencia legislativa plena polo que non será necesaria a súa aprobación no Pleno.

Seara indica que “desde o PSOE apoiamos a aprobación dun proxecto de lei de equilibrio da cadea alimentaria”. “Con todo –apunta- o proxecto que aprobou o PP non só non resolve eficazmente os desequilibrios da cadea senón que pode agravalos”. Así mesmo, sinala que “é unha Lei que non ten o consenso do conxunto da cadea, que non conta coa aprobación da Comisión Nacional da Competencia, que non foi sometida ao informe do Consello de Estado e que seguiu un modelo de tramitación parlamentaria contrario á negociación e que supón un atentado democrático”..

A deputada socialista galega explica que “con esta Lei, o PP introduce a intervención pública para controlar a contratación alimentaria, de modo que o Ministerio de Agricultura asume a obrigación de supervisar administrativamente toda a contratación alimentaria e todo iso cun organismo que non dispoñerá dos medios necesarios para iso”. “Si agora é difícil detectar e impedir os desequilibrios na cadea, -sostén- peor será ver que a partir de agora, denunciados os desequilibrios, a impunidade xeneralízase pois non se actuará por falta de medios no organismo de control”.

Así mesmo, incide en que “o PP ningunea o acordo que se asinou en Galicia e que foi avalado polo Presidente da Xunta, Sr. Feijoo, para que a Lei inclúa a obrigación de que os prezos do leite cubran os custos de produción”. “Rajoy e o seu Goberno ningunean ao seu compañeiro Feijoo e este e os deputados populares galegos no Congreso permanecen impasibles e cómplices do prexuízo que esta lei supón para os productores lácteos galegos” –critica. “A palabra de Feijoo non vale nada posto que a empeñou cos ganaderos galegos e agora a tumba o seu propio partido”.

Seara recorda que o grupo socialista presentou así mesmo emendas para que a lei contemple de forma expresa que os prezos do leite non poderán ser en ningún caso inferiores aos custos de produción. “Pero o rodillo do PP tomba as 36 emendas presentadas polos socialistas” –engade.

Sobre iso, sinala que as emendas socialistas pretendían entre outras cuestións: non deixar espazos sen regulación que puidesen constituírse en novos elementos de desequilibrio na cadea, garantir un prezo mínimo do leite por encima de custos de produción, regular as prácticas abusivas incluíndo algunhas non recolleitas como a venda a perdas, converter as sancións nun mellor elemento para evitar condutas non desexables, e introducir a figura do mediador de contratos.

A deputada galega lamenta que “esta foi a crónica dunha morte anunciada para os gandeiros galegos, pois o rexeitamento en marzo por parte do PP no Congreso a que no trámite parlamentario comparecesen os representantes do acordo lácteo galego non facía augurar nada bo”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar