O PP anuncia o veto a incrementar os medios e mecanismos de control contra os incendios forestais

O PP anuncia o veto a incrementar os medios e mecanismos de control contra os incendios forestais

O PP anuncia o veto a incrementar os medios e mecanismos de control contra os incendios forestais

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamou hoxe “máis medios, campañas de sensibilización e máis control” sobre os incendios forestais provocados. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista que será votada mañá coa oposición anunciada do PP, que impedirá que a iniciativa sexa aprobada.

O portavoz socialista confesou “non acreditar que o PP non queira mellorar o sistema de prevención” a través dunha proposta dirixida a loitar contra os lumes intencionados a través de medidas preventivas e de castigo posterior. Advertiu que o 80 por cento dos lumes son intencionados, o que “ben merece a pena poñer medios e tomar a iniciativa” para loitar contra esta lacra que, dixo, “non é un castigo divino”.

Quiroga acusou á Xunta de “trasladarlle a competencia –da loita contra os lumes- aos concellos”, cando moitos deles, sinaladamente os máis pequenos, carecen de medios para facer fronte a este problema. Apuntoulle ao goberno galego que “siga o exemplo de concellos que conseguiron a colaboración dos veciños para limpar e aclarar o sotobosque”, como é o caso de Ames, que comezou a plantar especies que arden mal.

Criticou o desleixo do goberno galego, que presentou o Pladiga ás portas da temporada de alto risco, e de novo sen reunir ao sector implicado para organizar o control e seguimento dos incendios provocados.

Os socialistas reclamábanlle á Xunta que dotara de máis medios aos organismos autonómicos encargados do control e seguimento dos lumes, ademais dunha campaña de sensibilización nos centros de ensino. Ao mesmo tempo dirixíase ao goberno central para solicitar o incremento do control en zonas sensibles e reforzar os medios da Xustiza para axilizar os procesos por incendios.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar