O PP amordaza aos usuarios da sanidade pública

O PP amordaza aos usuarios da sanidade pública

O PP amordaza aos usuarios da sanidade pública

enfermerasA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao PP de “amordazar” aos usuarios da sanidade pública ao conxelar a constitución dos Consellos de Saúde de Área previstos na Lei de Saúde. Así o dixo logo da negativa do PP a convocar os ditos órganos previstos para vehicular a participación da cidadanía no sistema sanitario.

A deputada socialista acusou a Feijóo de ter paralizado a aplicación desta norma porque “pretenden que a xente estea caladiña, á que poden a mercan e á que non a atemorizan e amordazan”. Acusounos de desbotar uns mecanismos “concibidos para que a cidadanía opine sobre cómo quere que funcione a súa sanidade e que denuncie o que non estea funcionando ben.

Estes órganos estarían constituídos polos concellos, agrupacións ou federacións de asociacións veciñais, organizacións sindicais e empresariais, cargos designados pola Xunta e asociacións de pacientes de cada área sanitaria.

Advertiu que “o actual deterioro da sanidade pública provocada polas políticas sanitarias do PP esixe a necesidade de revitalizar ditos consellos para que a participación social se sume á loita que dende a profesión sanitaria, as organizacións políticas e cidadáns e os sindicatos estase a levar a cabo en contra do desmantelamento e privatización da sanidade pública galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar