O PP agocha un "pelotazo" de 80 millóns anuais coa privatización do Rexistro Civil

O PP agocha un "pelotazo" de 80 millóns anuais coa privatización do Rexistro Civil

O PP agocha un "pelotazo" de 80 millóns anuais coa privatización do Rexistro Civil

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, esixiulle hoxe á Xunta “menos pasividade” na defensa da continuidade dos rexistros civís, que o goberno central quere poñer en mans dos rexistradores da propiedade. Sestayo presentou unha pregunta na Comisión de Xustiza do Parlamento para denunciar o “pelotazo” de 80 millóns de euros que agocha esta operación.

A responsable socialista sinalou que o propio Consello de Estado tense oposto a unha reforma que cualifican de inconstitucional por ir contra os colexios profesionais. Sinalou que agora os propios rexistradores da propiedade “admiten o pelotazo pero para dárllelo a unha corporación de dereito público” creada para iso polos “intereses ocultos dunha parte do goberno”.

Sestayo denunciou que o responsable de Xustiza do goberno galego, o vicepresidente Alfonso Rueda, está “mais preocupado por cuestións orgánicas” que pola xestión da xustiza. En definitiva, dixo, o goberno ten creado “un caos” coa privatización dun servizo que “deberan deixar como está e que funciona ben”.

Advertiu da “unanimidade” de funcionarios e operadores xurídicos en contra dunha privatización do rexistro civil que agora se confirma logo de ser denunciada polos socialistas galegos e negada pola Xunta.

Denunciou que o goberno do PP “ten sido un látego” contra a administración da Xustiza “como institución garantista do exercicio dos dereitos da cidadanía, así como servizo público de calidade”.

Sestayo lembrou as reformas consecutivas impostas polo PP, como o taxazo xudicial, as reformas procesuais e substantivas represivas, a modificación da organización da planta xudicial ou a privatización dos rexistros, que cualificou de “mostras dunha barbarie democrática espello dun goberno que representa á dereita mais estrema”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar