O PP agocha a Feijóo para eludir dar conta do seu financiamento irregular e da ocultación de información ao Parlamento

O PP agocha a Feijóo para eludir dar conta do seu financiamento irregular e da ocultación de información ao Parlamento

O PP agocha a Feijóo para eludir dar conta do seu financiamento irregular e da ocultación de información ao Parlamento

O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao PP de “agochar” ao presidente da Xunta para impedir que dea conta do presunto financiamento ilícito do PPdeG e da ocultación de documentación ao Parlamento por parte da Xunta. Así o dixo logo de que o PP rexeitara esta comparecencia na Comisión de Estudo da Corrupción do Parlamento.

 

Méndez Romeu criticou hoxe o interese do PP en impedir a presenza do presidente da Xunta para dar conta da presunta trama de intereses de empresas concesionarias de obra pública en Galicia que teñen participado no financiamento ilícito do PPdeG, tal e como se está a demostrar co estudo da contabilidade deste partido.

 

O responsable socialista puntualizou que “hoxe existen razóns mais serias para reclamar a presenza do presidente da Xunta” que no momento de convocarse a dita Comisión. Si daquela os socialistas pedían que Feijóo explicara a súa visión da corrupción e os protocolos de actuación diante destes casos, hoxe debera explicar o financiamento ilícito e a ocultación de documentación á Cámara por parte da Xunta.

 

Estupor

 

Neste sentido, Méndez Romeu advertiu do “estupor” da opinión pública diante da “negativa rotunda do goberno a dar cumprimento do Regulamento da Cámara”. Lembrou que o Executivo está obrigado a dar conta á oposición das solicitudes de documentación, e puntualizou o sospeitoso interese da Xunta en agochar os contratos co entramado de empresas do narcotraficante amigo de Feijóo.

 

O responsable socialista criticou que o PP teña rachado hoxe co seu compromiso de ampliar a lista de comparecentes na dita Comisión logo do parón do verán, en contra do que aseguraran no momento de fixar a lista de comparecentes en contra do criterio de toda a oposición.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar