O PP afoga á sanidade e á educación públicas buscando "oportunidades de negocio para os seus amigos"

O PP afoga á sanidade e á educación públicas buscando "oportunidades de negocio para os seus amigos"

O PP afoga á sanidade e á educación públicas buscando "oportunidades de negocio para os seus amigos"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que o PP aplica o axuste de déficit para “afogar” a sanidade e a educación públicas e xerar “oportunidades de negocio inestimables”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei no Parlamento para que o Goberno aplique a Galicia a prórroga no axuste de déficit que ten anunciado a Comisión Europea.

O responsable socialista reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “exerza de presidente” para reclamar este aprazamento “e non agarde a que De Guindos nos ofreza unha esmola”. Advertiu que “afogando ás comunidades autónomas estanse afogando os servizos públicos básicos do Estado do Benestar que igualan as capacidades e as oportunidades dos cidadáns, algo que a dereita nunca entendeu”.

Lamentou que na “marea de sensacións” que anunciou Feijóo logo da súa entrevista co presidente do goberno non aproveitara para reivindicar unha maior flexibilidade no axuste do déficit para defender as condicións de vida dos galegos e galegas. Advertiu que o PP aplica un “proceso de recentralización brutal” para volver ás estruturas caciquís do século XIX reforzando as deputacións provinciais en detrimento de autonomías e concellos.

Losada recuperou o manifesto do persoal sanitario de Vigo, que advertiu que os “recortes insensatos” aplicados polo PP deixará á saúde “mal atendida, perderase calidade de vida, multiplicarase o sufrimento e a ansiedade e perderanse vidas innecesariamente”.

Criticou que en lugar de reforzar os servizos públicos, Feijóo teña optado por situarse, co 1,19 por cento do déficit, por debaixo do limiar do 1,5 permitido, co que “renuncia a utilizalo como ferramenta” para solucionar os problemas dos cidadáns malia que o PIB estea caendo ao 1,2 por cento.

Blindaxe dos servizos públicos

O responsable socialista reivindicou así aplicación de políticas de reactivación económica e creación de emprego xunto co axuste económico xunto coa blindaxe dos servizos públicos esenciais. Explicou que, de acordo co Nobel de Economía Paul Krugman, as políticas de axuste teñen efectos multiplicadores sobre a recesión, e non son a solución para a crise, e advertiu ademais que a débeda e o déficit son a consecuencia da crise e non a súa causa.

A orixe da crise económica, segundo este economista, reside na desregulación dos mercados aplicada pola dereita occidental para buscar “beneficios inmorais para os inversores e en ningún caso mellorar as condicións de vida do conxunto dos cidadáns”. Dixo que o PP aplica un ataque sistemático aos servizos públicos e o empeoramento das condicións de vida dos traballadores como non se ten vivido dende os anos 30.

Advertiu que as políticas aplicadas polo goberno galego se basean nun horizonte “falso” de creación de superávit orzamentario e crecemento do emprego en 2015, e dixo que a realidade é que “as rendas de traballo caen mentres medran as do capital” e que a recadación polo imposto de sociedades descende mais que o IRPF mentres medran as rendas do capital.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar