O Pleno do Parlamento deberá votar a comparecencia de Feijóo sobre corrupción

O Pleno do Parlamento deberá votar a comparecencia de Feijóo sobre corrupción

O Pleno do Parlamento deberá votar a comparecencia de Feijóo sobre corrupción

Fotografía de Óscar Corral

Fotografía de Óscar Corral

A deputada socialista Marisol Soneira presentará unha moción, no Pleno do Parlamento que comeza o martes, na que pedirá a comparecencia do presidente da Xunta “para dar conta dos múltiples escándalos nos que se ve involucrado o Goberno galego e o propio presidente”. Soneira presentará esta petición a través dunha moción logo do rexeitamento sistemático ás peticións de comparecencia na Xunta de Portavoces do Parlamento.

A responsable socialista sinala que a implicación do PP galego é a constante que enlaza os casos Gürtel, Bárcenas, Operación Púnica, Operación Zeta, financiamento ou sobresoldos ilegais, sen que a día de hoxe teñan comparecido para dar conta dunha “auténtica marea corrupta que taladra ao PP en tódalas súas estruturas” apuntando a que a corrupción é unha práctica “institucionalizada dentro daquel partido”.

Ademais, lembrou que o presidente da Xunta debe dar conta ademais das súas “amizades perigosas”, logo de lembrar a súa relación con Pachi Lucas, presunto “conseguidor” da trama investigada pola Operación Zeta para captar fondos irregulares e “provedor na campaña electoral do PP de 2009 e de varios concellos gobernados por este partido”.

A proposta socialista inclúe que o goberno galego “diante de presuntos casos de corrupción, dea explicacións públicas e compareza no Parlamento de xeito inmediato e urxente para informar á Cámara, sen necesidade de mediar petición expresa dos grupos parlamentarios”.

Finalmente, reclámalle ao goberno galego que “remita ao Parlamento, con carácter de urxencia e de xeito fidedigno, todas as preguntas con resposta escrita e todos os artigos 9 presentados polos grupos parlamentarios en relación cos distintos casos de corrupción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar