O pleno do Parlamento comezará o curso político coa proposta socialista de reforma do Estatuto

O pleno do Parlamento comezará o curso político coa proposta socialista de reforma do Estatuto

O pleno do Parlamento comezará o curso político coa proposta socialista de reforma do Estatuto

O Pleno do Parlamento da próxima semana comezará co debate da Proposición de Lei de Reforma do Estatuto presentada polos socialistas galegos para mellorar os instrumentos de activación económica de Galicia. Así o anunciou o portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do primeiro Pleno do curso.

O responsable socialista explicou que esta proposta defende “aproveitar as ferramentas económicas” de que dispoña a Comunidade Autónoma para reforzar a súa posición económica fundamentalmente en materia de financiamento autonómico e de investimentos do Estado. Chamou a que Galicia poida entrar así “na primeira división das sete autonomías que xa fixeron a reforma do seu Estatuto”.

Losada chamou ao apoio dos demais grupos parlamentarios para acadar consenso e “preservar o debate fora das turbulencias electorais” e “antepoñer o interese da defensa das ferramentas económicas de Galicia”. Recolleu así o guante lanzado ao comezo do verán polo portavoz do Grupo do PP, que apostaba por acordar a reforma das leis pendentes para Galicia.

Reclamou tamén ao PP que demostre que está polo consenso cando se trata da reforma do Estatuto e que “poña o interese dos galegos e galegas por diante dos votos da extrema dereita que hipoteticamente poida perder”.

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia anunciou hoxe que o líder socialista, Pachi Vázquez, preguntará na próxima sesión plenaria a Feijóo pola desaparición da Xunta, que continúa sen presentar iniciativas dirixidas a mellorar a situación económico – laboral de Galicia.

Neste sentido, advertiu que o PP rexeitou hoxe a solicitude de comparecencia dos conselleiros de Economía e Industria e de Traballo e Benestar para explicar a súa desaparición en materia económica e industrial e o uso da cláusula S-698 para “escamotear parados” nas estatísticas.

Iniciativas

Os socialistas presentarán dúas interpelacións sobre a regresión orzamentaria e ideolóxica na política de formación de capital humano da Xunta e sobre a aplicación do copago como fórmula de financiamento dos servizos públicos, da sanidade e mais recentemente no caso do transporte escolar.

Tamén presentarán unha serie de Proposicións non de Lei sobre a discriminación dos fondos públicos fronte aos privados e concertados na distribución de fondos educativos da Xunta e a paralización das axudas para as escolas públicas de ensino infantil.

Finalmente, presentarán dúas preguntas sobre o papel da policía autonómica na loita contra os incendiarios e a “peregrinación dunha batea experimental pola costa galega” ata que foi paralizada por un empresario privado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar