O Plan Revive da Costa da Morte só ten mobilizado o 10 por cento do investimento previsto

O Plan Revive da Costa da Morte só ten mobilizado o 10 por cento do investimento previsto

O Plan Revive da Costa da Morte só ten mobilizado o 10 por cento do investimento previsto

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, lamentou que o Plan Revive da Costa da Morte só teña mobilizado un 10 por cento do investimento previsto, tal e como recoñeceu hoxe en Comisión parlamentaria o presidente do ente, Javier Aguilera. Así o dixo no debate dunha pregunta sobre a paralización deste Plan comprometido polo conselleiro Guerra.

O responsable socialista preguntou pola execución do Plan Revive da Costa da Morte, e o director xeral do ente, Javier Aguilera, recoñeceu que só mobilizara o 10 por cento do previsto. Así, mentres o conselleiro anunciaba un investimento de 25 millóns de euros, a realidade é que investíronse 2,5 cunha media de axudas de 20.000 euros por empresa.

Salientou as considerables dificultades que está a demostrar o goberno galego na execución “lenta e insuficiente” deste plan, que mesmo ten dado por paralizado 9 meses despois da súa posta en marcha. Así, lembrou que o Parque Empresarial de Laracha está baleiro, o Parque Industrial de Morás nin sequera está construído 24 meses despois, e as infraestruturas acumulan retrasos intolerables.

Méndez Romeu lamentou que o Goberno galego teña “acudido á lírica” para presentar este Plan mentres a realidade é que as empresas “quéixanse dun descoñecemento absoluto dun Plan que consideran un fracaso que non ten desenvolvido iniciativas coñecidas nin encetado as axudas prometidas”. Lamentou que este empresariado “non atopa resposta ás súas demandas” por parte do goberno galego.

Máis eficiencia e menos propaganda

O responsable socialista esixiu hoxe “máis eficiencia, mais diálogo e menos propaganda” por parte do Igape e unha actuación “menos grandilocuente e mais axeitada ás demandas das empresas que están resistindo á crise”. Na súa intervención, reclamou “máis discreción e eficacia” ao Igape, que “arrastra unha sucesión de escándalos e unha minoración da súa capacidade financeira moi notable” dende a chegada de Feijóo.

José Luis Méndez Romeu pediu “accións menos mediáticas” e mais eficaces e un ente que mantén “unha distancia inmensa entre feitos e promesas” ao pasar dun ente discreto a un Igape “fachendoso e mediático” baixo a tutela do conselleiro de Economía e Industria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar