O Plan Estratéxico, "palabras bonitas baleiras de contido"

O Plan Estratéxico, "palabras bonitas baleiras de contido"

O Plan Estratéxico, “palabras bonitas baleiras de contido”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo hoxe que o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, presentado hoxe no Pleno do Parlamento, supón “palabras bonitas valeiras de contido”. Advertiu que o texto realiza unha “emenda á totalidade” das políticas de Feijóo, que “renuncia á oportunidade de rectificar e cambiar o rumbo da política económica e social” de Galicia.

Resumiu que o Plan realiza “unha boa diagnose”, presenta “uns obxectivos que soan ben”, pero “a realidade da acción do goberno o desminte”. Acusou ao conselleiro de Facenda de “pedir consenso mentres non acepta ningunha das principais propostas de Resolución presentadas polos socialistas” e emprazouno a demostrar a súa vontade de acordo aceptando as iniciativas no debate final e votación que terán lugar mañá mércores.

O Plan, sinalou, advirte da incremento da pobreza e do risco de exclusión social, o peor comportamento da creación de emprego de Galicia fronte a España e evidencia que “tódolos indicadores son peores” que cando Feijóo chegou ao goberno galego. Lembrou que hoxe Galicia ten 38.300 fogares sen ningún ingreso, o peor dato dende que hai rexistros, mentres recorta 5.000 millóns de euros de gasto social.

Os datos aos que alude o Plan, dixo, sinalan ademais unha caída do 59 por cento nos orzamentos das políticas activas de emprego, impoñendo un “modelo de rebaixa de salarios que estrangula a capacidade económica e aumenta a pobreza” na súa aposta por reducir custes salariais en lugar de aumentar o valor engadido. Ao mesmo tempo “evidencia o fracaso no investimento en I+D+i”, por debaixo do 1 por cento do PIB.

Prioridades

Gallego resumiu as prioridades do Grupo Socialista para incluír no Plan, que pasan pola “educación, educación, educación”, así como o fortalecemento da I+D+i no sector público ou recuperar o papel do Igape como instrumento de investimento. Instou a fortalecer as políticas activas de emprego, recuperar os pactos territoriais de emprego para concederlle un papel relevante ás entidades locais e achegar a demanda de emprego ás persoas que buscan traballo.

Reclama ademais definir as actividades económicas que deben de liderar o modelo produtivo e un sistema que minimice o fracaso escolar ou recuperando o sistema sanitario universal, público e sostible. Propuxo ademais rematar coa fenda salarial entre homes e mulleres e educar en igualdade, ademais de dotar ao Plan de Dinamización Demográfica de obxectivos avaliables e indicadores de seguimento, para que “deixe de ser unha ferramenta de publicidade e propaganda”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar