O Plan Estratéxico, insuficiente para recuperar o emprego, a desigualdade e a pobreza

O Plan Estratéxico, insuficiente para recuperar o emprego, a desigualdade e a pobreza

O Plan Estratéxico, insuficiente para recuperar o emprego, a desigualdade e a pobreza

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, advertiu que o Plan Estratéxico de Galicia 2015 – 2020 resulta insuficiente para reverter as cifras de desemprego, desigualdade e pobreza que padece Galicia. A deputada socialista salientou que o debate do Plan remata incorporando 32 propostas parciais transaccionadas coas 29 resolucións do Grupo Socialista pero mantén unha estratexia económica errada.

Gallego explicou o voto negativo do PSdeG a un Plan que incorpora unha “boa diagnose” da situación económica de Galicia e que supón unha “emenda á totalidade” da acción de goberno de Feijóo durante os últimos 7 anos. Dixo que a “priorización, concreción e antecedentes nos impiden ser optimistas” co Plan logo de que o anterior (2010 – 2014) rematara cun desfase equivalente a un orzamento sen executar en tan só cinco anos.

Lamentou que o goberno galego vetara a meirande parte das propostas socialistas dirixidas a “cambiar o modelo” para “saír dun peor comportamento da economía, unhas peores cifras de emprego, máis desigualdade e máis pobreza” que hai sete anos. Lamentou a negativa a recuperar os niveis de financiamento da I+D+i, o reforzo do Igape como axente financeiro, ou o fortalecemento do servizo público de emprego.

Tamén vetaron a proposta para definir as actividades económicas dirixidas a relanzar o modelo produtivo, rescatar os pactos territoriais de emprego ou consolidar o sistema educativo para minimizar o fracaso escolar e recuperar o talento fuxido de Galicia.

Propostas aprobadas

Gallego resumiu as 32 propostas parciais transaccionadas en base a 11 resolucións do Grupo Socialista dun total de 29 presentadas, que “melloran o plan pero non son suficientes”. En materia de emprego, dixo, aceptan impulsar a formación en competencias clave para o tecido produtivo ou incentivar a conversión de contratos temporais en indefinidos.

Tamén aceptaron a posta en marcha de programas específicos de igualdade entre mulleres e homes, así como plans que melloren a formación, acreditación e competencias da xuventude e unha nova política de bolsas para que ningún rapaz quede sen estudos superiores por mor da súa situación familiar. Ademais, promoverá o emprego nas TIC galegas, impulsarán o retorno de mozos e mozas que traballan no estranxeiro e a incorporación de xente moza ao sector primario.

En materia sanitaria, o Parlamento aprobou potenciar a atención a doenzas crónicas dende a enfermería e farmacia, e promover a prevención en materia de saúde. Tamén reclaman garantir que as mulleres vítimas de violencia de xénero dispoñan da súa axuda durante todo o ano.

As propostas transaccionadas cos socialistas inclúen o apoio a granxas de produción de semente de bivalvos, aumentar a seguridade na pesca ou campañas dirixidas a incrementar a estadía dos turistas, promocionar a incorporación das novas tecnoloxías da información ao rural e empregar a lingua como unha oportunidade para a relación de Galicia co mundo da lusofonía.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar