"O Plan Estratéxico de Navantia anunciado por Feijóo non ten prazos, nin orzamentos nin contidos"

"O Plan Estratéxico de Navantia anunciado por Feijóo non ten  prazos, nin orzamentos nin contidos"

"O Plan Estratéxico de Navantia anunciado por Feijóo non ten prazos, nin orzamentos nin contidos"

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu interveu na Comisión 6ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o anuncio do Goberno de Feijoo realizado no Consello da Xunta, celebrado en Ferrol o pasado 24 de marzo, dun plan estratéxico nos terreos propiedade de Navantia. Alí cualificou este anuncio de “extraordinario e estrambótico”, xa que a Xunta non é a administración competente nesta area. Méndez Romeu dixo que “estes asteleiros non dependen do Goberno Galego senón dunha empresa publica estatal”, aclarou.

O parlamentario socialista criticou que sobre o plan estratéxico presentado polo Goberno de Feijoo “so ten nome”, e insistiu “pero sen orzamentos, sen prazos e sen contidos”. Asegurou que tampouco se realizou ningún tipo de dialogo ou negociación co Estado para desenrolar este proxecto.

O portavoz de Industria tamén fixo alusión as criticas de Feijoo ao Goberno Central por non levantar o veto da UE para construcción civil en Ferrol. Méndez Romeu puntualizou que non existe tal veto “o que existe son condicionantes”, debido as subvencións concedidas a este astelerio pola UE baixo a presidencia de Jose Maria Aznar, e este veto ten de data o ano 2015.

Sobre o Plan Ferrol explicou que foi unha iniciativa impulsada na pasada lexislatura e que tiña como finalidade impulsar as infraestructuras da comarca, o desenrolo do súelo industrial e a implicación na creación de empresas. Argumentou que no ano 2010 concedéronse 74 millóns de subvencións directas, por iso saudou ampliación deste Plan.

Dique flotante

Na súa intervención Méndez Romeu preguntou si a Xunta ten asinado algún tipo de acordo coa empresa Navantia para o impulso da construcción naval, ou si existe unha estratexia de emprego relacionada con este sector, ou investimentos dispoñibles para este area. Nese senso aludiu as expectativas xeradas na cidade departamental para construír un dique flotante para mellorar a oferta competitiva de Navantia. Replica que sobre este asunto “aínda non escoitamos ningunha posición da empresa”.

Tamén preguntou si a Xunta esta invertendo na captación de trafico para o impulso do porto de Ferrol, ou na captación de empresas de investimentos externos.

Plan de industria galega

Méndez Romeu tamén criticou o Plan de Industria galega anunciado por Feijoo en plena campaña electoral. Denunciou que non contempla incentivos, actuacións na procura de solo industrial, investimentos en I+D, medidas de internacionalización , medidas de infraestructura e loxística ou gastos en capital humano.

Subliñou que “estamos nunha época preocupante xa que hai un déficit de carga de traballo notable e os datos son preocupantes”. Por iso insistiu nas súas criticas “o Goberno de Feijoo non pode facer anuncios tan ambiciosos xa que poden levar a xerar falsas expectativas”. E reclamoulle ao executivo autonómico “medidas rigorosas, meditadas e orzamentadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar