O Plan de Transporte, unha improvisación feita de costas aos concellos e aos usuarios

O Plan de Transporte, unha improvisación feita de costas aos concellos e aos usuarios

O Plan de Transporte, unha improvisación feita de costas aos concellos e aos usuarios

O portavoz de Territorio do Grupo Socialista, Raúl Fernández, criticou hoxe o Plan de Transporte de Viaxeiros presentado pola Xunta que foi elaborado, sinala, “de costas aos concellos e ás necesidades dos usuarios”. Fernández anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para levar á Cámara o debate sobre un Plan “improvisado” que demostra “incompetencia manifesta” da Xunta.

O responsable socialista sinalou que o Plan resulta “absolutamente irracional para o sector e para os usuarios”, e resulta un “Plan de Transporte de viaxeiros de Galicia pero sen Galicia, que ignora a participación dos axentes que coñecen das necesidades reais do transporte”.

Considera que “non é de recibo que un texto desta relevancia sexa elaborado por axentes externos dende un despacho, sen pisar o territorio e rexeitando calquera tipo de aportación, sen estar en contacto nin sequera coas administracións locais”. Sinalou que “ningún Concello sabe a día de hoxe o que quere facer a Consellería no seu Concello nin cómo quere ordenar a mobilidade”.

Advirte que demostra a “incompetencia manifesta dos gobernos de Feijóo” e demostra unha “improvisación contrastada” por parte de quen leva oito anos de goberno demostrando un “absoluto abandono do transporte de viaxeiros”. Este “culminou coa previsible sentenza do Tribunal Supremo de 2016, declarando ilegal a prórroga das concesións de transporte de viaxeiros por dez anos aprobada polo PP en 2010.

Asegurou que o goberno galego vén de ofrecer “gato por lebre” ao presentar un Plan que resulta “mero voluntarismo” cando tiña anunciada unha Lei de Mobilidade, e que sume na “incertidume” aos usuarios, aos concellos, ao sector e ás 5.000 familias que o propio goberno calcula que dependen do transporte de viaxeiros.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar