O Plan de Transporte Metropolitano da Xunta é un "xogo político electoral sen resultados"

O Plan de Transporte Metropolitano da Xunta é un "xogo político electoral sen resultados"

O Plan de Transporte Metropolitano da Xunta é un "xogo político electoral sen resultados"

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, cualificou o Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de “xogo político electoral sen resultados nin avances”. O responsable socialista criticou a comparecencia de Territorio no Pleno do Parlamento por ser empregada como escusa para “salvarlle os mobles ao goberno desaparecido a pesares da vaga de escándalos”.

Fernández sinalou que a presenza da conselleira no Pleno desta semana responde unicamente a xustificar a negativa do goberno a que comparezan o presidente da Xunta ou a conselleira de Traballo para dar conta da súa implicación na trama de financiamento irregular investigada na Operación Zeta. Dixo que “amosan o talante antidemocrático do PP e a irrelevancia na que se está a converter a Consellería en termos políticos”.

Salientou que a conselleira foi incapaz de presentar “ningún dato positivo referido ao transporte público nos dous últimos anos” in ferroviario, aéreo, marítimo, terrestre, alternativo “nin tampouco no transporte metropolitano”. Lembrou que hai catro anos que a Xunta non asina ningún tipo de convenio de transporte en Galicia, e desta vez “tampouco presentaron un programa con cronograma e orzamentos de interese”.

Entre 2010 e 2014, dixo, a Xunta reduciu nun 35 por cento o nivel de execución do orzamento para transporte metropolitano do goberno galego, un orzamento que ademais nese mesmo período foi reducido á metade. O desleixo do goberno galego, explicou, chegou a que en un só ano cinco cidades con transporte urbano pagaron 8 veces mais que a Consellería, e só Vigo triplica o investimento en transporte do goberno para toda Galicia.

Concellos excluídos

Fernández criticou que o goberno galego teña excluído aos concellos de Vigo e Ourense, os dous con goberno socialista, da sinatura dos convenios sobre transporte metropolitano mentres os gobernos locais se atopan co silencio do goberno galego ante as peticións de acordo. Esixiulle á Xunta “humildade, predisposición ao acordo, constancia, estudos técnicos e económicos, respecto e razóns” para avanzar no transporte metropolitano.

O fracaso das políticas de transporte público do goberno galego derivan, explicou, dun departamento que ten absolutamente abandonada a contratación e a xestión de fondos públicos e que está “só ocupada no relevo de cargos”.

Dixo que en só dous anos xa tiveron dous conselleiros, dous directores da Axencia Galega de Infraestruturas, dous presidentes de Augas de Galicia, unha secretaria xeral de Ordenación do Territorio imputada, tres directores xerais de mobilidade e dous decretos de estrutura orgánica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar