O plan de reprodución asistida debe ser público

O plan de reprodución asistida debe ser público

O plan de reprodución asistida debe ser público

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamoulle hoxe ao goberno galego que faga público a través da web da Consellería o plan de asistencia ás técnicas de reprodución asistida. A deputada socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade na que trasladoulle ao goberno as peticións dos xinecólogos e xinecólogas do sistema de saúde pública.

Estes tratamentos son vítima, dixo, tanto dos recortes económicos de Feijóo, que ao non contratar especialistas provoca que o servizo colapse nos períodos de vacacións ou baixa do persoal, como dos recortes ideolóxicos. Lembrou así a prohibición destes tratamentos para as parellas de mulleres homosexuais, ás que “agora semella que tamén lle retiran o dereito ás parellas heterosexuais que xa teñan un fillo en común”.

Reclamou ademais un “plan b” para os casos de tratamentos que dependen dun único profesional, como o de vitrificación de ovocitos, e que no caso de que este non estea dispoñible teñen que ser paralizados en toda Galicia.

Acuña reclamou un acceso libre, público e sen trabas á regulación da Comunidade Autónoma para acceder aos tratamentos de reprodución asistida. Advertiu que o Goberno de Feijóo ten modificado “pola porta de atrás” a regulación da reprodución asistida que fora consensuada entre o goberno e os profesionais por parte do goberno presidido polo socialista Touriño, ata o punto de que hoxe “descoñecemos a regulación”.

Estes tratamentos, explicou, son moi sensibles aos retrasos e listas de espera da sanidade pública, xa que conta co límite de 40 anos para unhas mulleres que en moitos casos non poden solicitar asistencia ata moi preto desa idade.

Sinalou que a idade “queda curta” por canto cada vez as mulleres vense obrigadas a agardar demasiado para ter fillos por motivos de formación e laborais, ao que cumpre engadir o tempo necesario para decidir recorrer aos tratamentos de fertilidade. Si ademais hai que sumar a lista de espera, disparada nos centros de referencia especializados, o tratamento de fertilidade convértese nunha opción imposible.

Acuña advertiu do paradoxo que supón que mentres “solucionan os colapsos de urxencias derivando á sanidade concertada, presentando á sanidade privada como a salvadora do sistema público, resulta curioso que non se lle ofrezan outras solucións ás mulleres que están xogando a maternidade porque non teñen mais tempo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar