O Plan de Inclusión Social da Xunta constitúe un “exercicio de hipocresía” e “bombas de palenque previas á campaña electoral”

O Plan de Inclusión Social da Xunta constitúe un “exercicio de hipocresía” e “bombas de palenque previas á campaña electoral”

O Plan de Inclusión Social da Xunta constitúe un “exercicio de hipocresía” e “bombas de palenque previas á campaña electoral”

Beatriz Sestayo solicitará a súa devolución por privatizar as políticas públicas e “substituír dereitos por beneficencia”


A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, dixo que o Plan de Inclusión Social da Xunta supón un “exercicio de hipocresía” e “bombas de palenque previas á campaña electoral”. Os socialistas solicitarán a devolución deste proxecto de Lei porque, dixo, desmantela as políticas públicas privatizándoas para “substituír dereitos por beneficencia”.

Sestayo dixo que este texto é un “anuncio preelectoral” fronte á “miseria” do balance das políticas sociais de Feijóo, que “ademais da destrución sistemática das políticas públicas, non pode presentar un só exemplo de iniciativa en positivo relacionada coas políticas sociais”. Cualificouno de “tomadura de pelo de Feijóo” para os 600.000 galegos e galegas no limiar da pobreza e en risco de exclusión”.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que “restaure as políticas sociais ao día exactamente anterior á súa toma de posesión”, xa que a partir dese momento “todo foi o recorte e destrución sistemática da política social da Xunta” desenvolta polos socialistas durante toda a lexislatura anterior.

A responsable socialista sinalou o informe do Consello Económico e Social, que advirte que esta nova Lei descarga as políticas públicas sobre entidades privadas, privatizando un servizo público fundamental. Sestayo dixo que isto supón “substituír dereitos e políticas públicas por políticas de beneficencia desenvoltas pola iniciativa privada ou as fundacións benéficas próximas” ao PP.

Engadiu que esta norma presentada pola Xunta “descansa sobre o decreto de servizos sociocomunitarios” que se enfronta ao informe desfavorable do CES e á oposición dos concellos galegos, aos que “deixa sen recursos para desenvolver as políticas sociais”.

Exercicio de hipocresía

Sestayo criticou a “hipocresía” do presidente da Xunta ao presentar esta norma cando estivo catro anos destruíndo as políticas sociais desenvoltas polos socialistas na lexislatura anterior e sen tempo para a súa aprobación antes das eleccións no caso dun adianto electoral.

Dixo que “hoxe resulta pouco crible e pouco confiable” que Feijóo anuncie, a través desta norma, medidas que leva mais de tres anos desmontando. Así, sinalou a incorporación dos Itinerarios de Inclusión Social que foron destruídos por Feijóo dende o seu primeiro orzamento, ou que “fale de atención a inmigrantes e emigrantes retornados cando destruíron as oficinas de inmigración e tódalas políticas de inmigración da Xunta”.

Finalmente, apuntou que o Plan de Inclusión Social “parece incorporar proceso de rehabilitación social” e de atención aos drogodependentes cando foi el quen desmantelou o Plan Galicia sobre Drogas.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar