O plan contra incendios da Xunta, sen ambición e un "corta e pega" do anterior

O plan contra incendios da Xunta, sen ambición e un "corta e pega" do anterior

O plan contra incendios da Xunta, sen ambición e un “corta e pega” do anterior

O portavoz de Política Forestal do grupo socialista, José Antonio Quiroga, analizou o plan contra incendios da Xunta para 2017 (Pladiga) e cualificouno como un documento que reflicte “un continuísmo total” e que é “case un corta e pega” do anterior, cunha política “conformista, moi pouco ambiciosa e falta de grandes proxectos” nun dos grandes problemas de Galicia. Neste senso, censurou que o único plan da conselleira sexa dicir que “se da por satisfeita” se non arden máis de 15.000 hectáreas ou se non hai máis de 559 incendios maiores dunha hectárea.

 

En primeiro lugar, Quiroga considerou unha “falta de respecto institucional” e “un desprezo cara os grupos parlamentarios” que o contido do texto do Pladiga que aprobou onte o Consello da Xunta se veña filtrando desde o luns pero que os grupos só puideran  acceder a el desde onte á tarde. Con respecto ao contido, entre as poucas novidades está que haberá un avión menos e a xeolocalización, que “se presenta como novidade pero xa estaba operativa agás para as brigadas municipais, e non todos concellos as teñen, polo tanto é unha novidade moi relativa”, afirmou.

 

O socialista criticou tamén que no plan haxa un incremento no número de parroquias de alto risco pero “sen embargo non hai medidas específicas para estas parroquias onde se concentran os lumes”. Tamén censurou a falta de seguimento da limpeza nos entornos dos núcleos habitados, un “elemento clave” para a prevención de lumes. Con respecto a isto, falou de “descontrol” con máis de 30.000 hectáreas de plantacións agrarias fóra de control en contra da lei, e o paso de 225.000 a 430.000 hectáreas de plantación de eucalipto.

 

Só un terzo dos expedientes de limpeza dos montes iniciados

Quiroga resaltou que do orzamentado para accións preventivas contra os incendios nos últimos catro anos, a Xunta deixou de executar 39 millóns de euros. Con respecto ás superficies forestais “sen control nin planificación”, apuntou que só un terzo dos expedientes de limpeza a comunidades e montes veciñais, 129 de 399, empezaron realmente esas labores de limpeza, “e nin sequera quere dicir que as rematen, porque agora empeza o período de alto risco e veranse ralentizadas ou imposibilitadas”, dixo. Estes son dous claros exemplos “da desidia da Xunta na prevención”, dixo.

 

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar