O peche masivo de camas e as dificultades de acceso á sanidade provocadas pola Xunta “dispara a demanda de urxencias”

O peche masivo de camas e as dificultades de acceso á sanidade provocadas pola Xunta “dispara a demanda de urxencias”

O peche masivo de camas e as dificultades de acceso á sanidade provocadas pola Xunta “dispara a demanda de urxencias”

Carmen Acuña denuncia que a Xunta “non só recorta a sanidade senón que tamén recorta a liberdade” ao impedir unha rolda de prensa dos traballadores do Hospital de Ourense

Carmen Acuña sinala que o decreto de recortes do Goberno desprazará ás urxencias aos pacientes non atendidos na atención ordinaria

A Xunta admite disfuncións no transporte sanitario programado pero Carmen Acuña cuestiona que a Fundación 061 sexa o ente axeitado para corrixilo

A parlamentaria socialista Carmen Acuña dixo que o peche masivo de camas por parte da Xunta “dispara a demanda de urxencias” en Galicia. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, Acuña advertiu que a falla de previsión do goberno galego provoca que as Urxencias “parezan hospitais de campaña”.

Acuña criticou que “en lugar de solucionar a cuestión cada día suprimen algún recurso humano mais, anulan servizos de primaria e aplican modelos de xestión que provocan mais problemas”. Dixo que a Xunta mantén as urxencias “colapsadas de forma continuada” en toda Galicia ao carecer de “espazo adecuado e de persoal suficiente”.

Sinalou que o Goberno galego está a poñer “barreiras para acceder ao sistema sanitario” debido ás listas de espera e agora co decreto que impide o acceso á sanidade ás persoas sen papeis, o que provoca o desprazamento a estes servizos dos pacientes procedentes da atención ordinaria. Acusou ao goberno galego de “mirar só aos números para baixar a porcentaxe de investimento caia quen caia”.

A parlamentaria socialista salientou o deterioro destes servizos na maioría dos servizos de urxencias de Galicia dende comezo de ano, con protestas en Lugo, Ourense, A Coruña, Vigo, O Barco ou Santiago, onde os profesionais denuncian o colapso do servizo e a falla de recursos humanos.

Advertiu que “hoxe si que se inmutaron, xa que prohibiron unha rolda de prensa prevista no Complexo Hospitalario de Ourense polos traballadores deste centro para informar sobre situación sanitaria”, co que, dixo, “non só recortan sanidade senón que tamén recortan a liberdade”

Disfuncións no transporte

A parlamentaria socialista salientou a existencia de disfuncións no transporte sanitario programado, tal e como admitiu hoxe a Xunta na resposta a unha pregunta oral na Comisión de Sanidade. O responsable da Fundación 061 confirmou hoxe no Parlamento que esta entidade é a encargada de valorar a situación e analizar posibles melloras ante as dúbidas de Acuña sobre a súa competencia neste sentido.

Acuña lembrou que é o goberno galego quen ten que afrontar as deficiencias no servizo e salientou que obriga ao responsable da Fundación a asistir ao Parlamento para eludir unha resposta á aplicación do copago no transporte sanitario. Salientou a “preocupación e desconcerto” tanto nos usuarios como nos profesionais do sector pola “falla de transparencia” do goberno galego.

Dixo que a Xunta ten provocado a asfixia económica das empresas concesionarias, a desconfianza dos traballadores, o deterioro do servizo para os usuarios, situando un novo sector económico “ameazado” mentres auguran a aplicación de copago para os usuarios. Advertiu que “a realidade está a constatar diariamente a supresión dos servizos para a cidadanía”.

A responsable socialista apuntou que os concertos entre a Consellería e as empresas que fan o transporte ordinario e programado en Galicia rematou en decembro de 2011 “pero dende entón estanse prorrogando sen saber qué vai pasar”. Dixo que esta situación “intranquiliza e moito ao sector que sospeita que se están cociñando grandes cambios”.

Lembrou a “nefasta xestión” da Xunta neste sector ao suprimir ambulancias medicalizadas comprometidas como a de Valdeorras, suprimiron transporte urxente en Marín, recortaron e suprimiron transporte ordinario de forma xeneralizada, suprimiron ambulancias nocturnas no rural, suprimiron os vehículos que atendían aos PACs, afogan ás empresas e recortan o persoal provocando un grave deterioro do servizo.

Engadiu que, fronte ao “clamor” dos usuarios aos que “deixan tirados”, a Xunta realiza unha xestión “absolutamente ineficiente” ao trasladar cidadáns a rehabilitación ou diálise a centros concertados “pasando por diante de centros públicos a metade de camiño”. Apuntou así os traslados de Tui a Pontevedra -50 quilómetros-, dende Cuntis a Pontevedra, ou dende Bueu a Vilagarcía -40 quilómetros- para a súa atención en centros privados

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar