O peche de camas no verán pon en risco a atención hospitalaria nos centros públicos

O peche de camas no verán pon en risco a atención hospitalaria nos centros públicos

O peche de camas no verán pon en risco a atención hospitalaria nos centros públicos

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, advertiu hoxe que o recorte de camas hospitalarias no verán anunciado polo conselleiro de Sanidade “pon en risco a atención hospitalaria” nos centros públicos. O responsable socialista presentou hoxe a interpelación que dirixirá á Xunta no próximo Pleno.

O responsable socialista criticou o recorte previsto de ata un 17 por cento anunciado polo máximo responsable do Sergas, que resulta letal para un sistema que “de forma habitual xa está nunha situación límite”. Dixo que aplicar unha redución nun sistema que ten unha das ratios de persoal por paciente máis baixas, e unha porcentaxe de persoal eventual “altísima”, pon en risco a viabilidade do sistema.

Acusou ao goberno galego de impoñer un modelo de sanidade pública “cicatero, máis barato, incluso de mercadillo”, e criticou a súa “dilixencia” á hora de aplicar recortes para os próximos catro meses. Esta contrasta coa súa torpeza inducida á hora de incrementar o dispositivo para facer fronte a unha campaña de gripe de dúas semanas, como sucedeu no pasado xaneiro.

Pagar menos

Julio Torrado amosouse a favor de “planificar” o servizo sanitario no verán, pero acusou á Xunta de utilizalo como “unha oportunidade para pagar menos” antes que a necesidade preparar a temporada de forma eficiente.

Advertiu que “o sistema non está preparado para unha redución de recursos”, e sinalou que “anunciaron o recorte de en torno a 1.200 camas, un 17 por cento, pero non din nada do recorte de persoal”. Advertiu que se o número de profesionais redúcese aínda máis que o número de camas situará á sanidade pública fronte a unha situación imposible de xestionar.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar