O peche de camas hospitalarias no verán pon en risco á sanidade pública

O peche de camas hospitalarias no verán pon en risco á sanidade pública

O peche de camas hospitalarias no verán pon en risco á sanidade pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, alertou hoxe de que o peche xeneralizado de camas hospitalarias previsto polo goberno para este verán pon “en risco” á sanidade pública cunha estratexia “cicatera”. Así o dixo no debate dunha interpelación na que acusou á Xunta de “afurrichar” nunha sanidade pública xa maltratada polos recortes, provocando o deterioro da calidade asistencial.

Torrado lamentou que “o goberno galego está a conseguir que unha sanidade pública eficiente pase a ser perigosamente deficitaria” ao impoñer un novo recorte nun sistema que “habitualmente está baixo unha situación de estrés permanente”, cunha da ratios de persoal hospitalario máis baixas do Estado. Esta é a consecuencia, dixo, da política de redución drástica de recursos humanos e materiais aplicada polo goberno galego.

A redución de persoal e de camas fai imposible, dixo, que os profesionais sanitarios manteñan durante máis tempo unha atención de calidade. Así o está a reflectir xa o CIS, explicou, que en 2016 sinalaba que 4 de cada 5 persoas entrevistadas apunta á necesidade de encetar cambios na sanidade pública.

O responsable socialista amosouse a favor de planificar os recursos para a época estival, pero advertiu que “facer recortes drásticos sen previsibilidade nin planificación e aplicalos sobre uns recursos xa de por si estresados, pon en risco a saúde da sanidade pública”.

Criticou o recorte previsto de entre un 15 e un 20 por cento anunciado polo conselleiro de Sanidade, que resulta letal para un sistema que “de forma habitual xa está nunha situación límite”.

Amosou a súa sorpresa fronte á “dilixencia” do conselleiro de Sanidade á hora de aplicar recortes para os próximos catro meses, que contrasta coa súa torpeza inducida á hora de incrementar o dispositivo para facer fronte a unha campaña de gripe de dúas semanas, como sucedeu no pasado xaneiro.

Grotesco

O responsable socialista lembrou que o propio portavoz de Sanidade do PP considerara en 2008 “grotesco” que a Consellería pasara de pechar 430 a 520 camas no verán, fronte ás 1.200 que serán pechadas este ano. Sinalou así aquelas críticas “cando se pechaban a metade de camas que agora e había 2.500 profesionais sanitarios máis”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar