O peche de camas hospitalarias converte Urxencias en "almacenaxe de doentes"

O peche de camas hospitalarias converte Urxencias en "almacenaxe de doentes"

O peche de camas hospitalarias converte Urxencias en "almacenaxe de doentes"

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, sinalou hoxe que o sistemático peche de plantas e camas hospitalarias está a provocar o colapso dos servizos de urxencias en toda Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, na que advertiu que a falla de recursos en planta provoca que os servizos de urxencias sexan utilizados para “almacenaxe de doentes”.

Esta circunstancia bloquea o funcionamento duns servizos infradimensionados, e puxo como exemplo o Centro Hospitalario Universitario da Coruña –CHUAC- que, maila a recente reforma das súas instalacións, a falla de persoal e de espazo no resto do centro hospitalario fai que traballe como un “hospital de campaña”.

Explicou que o peche de plantas e o mantemento de equipos reducidos provoca que volvan aparecer camillas con doentes polos corredores. Explicou que este centro é o paradigma dunha xestión deficiente dende o goberno galego, que mellorou as instalacións e ampliou a plantilla de médicos “pero non do resto do persoal”, co que o problema persiste.

O colapso do CHUAC, explicou, replícase en tódolos centros hospitalarios galegos, mesmo en algún deles acompañado da conseguinte folga do persoal sanitario, como é o caso do Hospital do Meixoeiro.

Aínda que os picos de urxencias sexan ata certo punto difíciles de xestionar, dixo, “axudaría ter un servizo ben dimensionado no que se refire ao espazo dispoñible e aos profesionais de todo tipo”, e especialmente contando con camas no resto do centro ás que poder derivar os pacientes que teñan que ser ingresados.

Cambre

A responsable socialista rematou a súa intervención na Comisión reclamándolle ao goberno galego, a modo de “carta aos reis magos”, unha solución acaída para o rapaz escolarizado no colexio Portofaro de Cambre, que non pode acudir a clase por padecer diabete tipo I, unha doenza que o centro non pode afrontar por non dispor dos recursos necesarios para atender ao neno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar