O Partido Socialista denuncia o “recorte brutal” do orzamento do Plan de Cooperación

O Partido Socialista denuncia o “recorte brutal” do orzamento do Plan de Cooperación

O Partido Socialista denuncia o “recorte brutal” do orzamento do Plan de Cooperación

A portavoz de Cooperación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Cajide, denunciou que o “recorte brutal” por parte da Xunta nos orzamentos para o Plan de Cooperación “pon en serio perigo a súa continuidade”. Cajide preguntou en Comisión parlamentaria pola redución nun 40 por cento nos orzamentos do Plan dende a chegada do PP á Xunta.

Considera “incrible” e “incoherente” que a Xunta manteña intactos os obxectivos previstos no Plan reducindo drasticamente os seus orzamentos, o que valeu o seu rexeitamento polas ONGDs no Consello Galego de Desenvolvemento do 21 de decembro. En cambio si que é coherente, dixo, coa negativa do PP á resolución socialista no Debate do Estado da Autonomía de reclamar o incremento progresivo da aportación para a Cooperación Galega ao Desenvolvemento para acadar o 0,7 por cento do PIB galego no 2015.

Cajide lamentou que estes recortes veñan sucedéndose dende a chegada do PP á Xunta, que culminaron co recorte de 2 millóns de euros para o Plan Anual de Cooperación Galega de 2011, aprobado na Xunta o 3 de febreiro. Este recorte agrava aínda máis, dixo, a redución de 1,5 millóns de euros do Plan Anual elaborado polo Goberno socialista para 2009, e continuaron con 1,8 millóns no Plan de 2010.

Obxectivos do Milenio

Dixo así que estes anos de “brutal recorte orzamentario pon en perigo a continuidade dos proxectos iniciados no marco do I Plan Director” así como o proceso comezado na anterior lexislatura para garantir o cumprimento dos “Obxectivos do Milenio”, para o cual o Goberno anterior, chegou case duplicar os orzamentos destinados a Cooperación Galega para o Desenvolvemento, pasando de 6 a 11,5 millóns de euros entre 2005 e 2009.

A responsable socialista criticou que a Xunta teña recortado máis do 19 por cento das partidas dos Orzamentos da Xunta para a cooperación ao desenvolvemento neste ano, deixando estas axudas en tres veces menos que a media estatal logo de tres anos de reducións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar