O paro evidencia que Feijóo “non pode presentarse con ningún dato positivo que avale a súa política de recortes”

O paro evidencia que Feijóo “non pode presentarse con ningún dato positivo que avale a súa política de recortes”

O paro evidencia que Feijóo “non pode presentarse con ningún dato positivo que avale a súa política de recortes”

Pablo García sinala que “non precisamos para nada un Valedor do Goberno e do PP”, e anuncia que os socialistas presentarán unha iniciativa parlamentaria para pedir o cese do seu actual titular

Anuncia que os socialistas “replantearán” a súa continuidade na Mancomunidade do Ulla – Umia pola imputación por fraude fiscal do seu presidente e alcalde de Portas

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, dixo que os datos do paro e o frenazo económico de Galicia evidencian que Feijóo “non pode presentarse con ningún balance positivo que avale a súa política de recortes”. Nunha rolda de prensa, salientou que a inacción de Feijóo provocou que o paro medre en Galicia por primeira vez na historia nun mes de abril.

O responsable socialista advertiu que Galicia “non pode seguir esperando” por unha solución ao paro e da reactivación económica que nunca chega da man de Feijóo, que durante tres anos “mantívose ausente salvo para recortar o investimento e paralizar a economía galega”. Puntualizou que mentres en España descende o paro minimamente, Galicia sitúase nas autonomías co peor comportamento e acada os 277.000 parados.

Criticou que o presidente da Xunta teña escollido ser “o adalid dos recortes de Rajoy” e ser “o primeiro en poñer en práctica esta política absurda de castigar á cidadanía reducíndolle os servizos sociais e os seus dereitos mentres aumentan os impostos”. Advertiu que está a conseguir que “mesmo os que conservan o seu traballo teñan dúbidas sobre as indemnizacións de desemprego no caso de perdelo”.

A conclusión destes tres anos é que en lugar de mellorar a competitividade e a situación económica de Galicia “acadou todo o contrario co incremento do paro e o descenso do PIB e do Índice de Produción Industrial. Sinalou que “non atopamos un só dato nin un só froito positivo que ratifique as políticas de recortes” de Feijóo e Rajoy, a quen recomendou que “reflexione cando pon ao presidente galego como exemplo”.

Advertiu que o PP ven de acadar a “cuadratura do círculo” ao facer que o goberno que “debera de protexer aos cidadáns e cidadás”, en realidade “leva tres anos menoscabando os dereitos dos galegos e das galegas en prol do negocio privado”.

O responsable socialista reiteroulle ao presidente do Goberno galego unha proposta para “crear un grupo de traballo que aborde os grandes problemas de Galicai” porque “non podemos agardar á política errática de Feijóo mentres os galegos estamos desangrándonos” co paro.

Valedor

O responsable socialista reiterou a solicitude de dimisión do Valedor do Pobo por respaldaar os recortes en sanidade e educación e propoñer a suspensión da Lei de Dependencia. Anunciou que o Grupo Socialista presentará unha iniciativa parlamentaria para pedir o cese do actual Valedor en base ao artigo 5º, 4ª da Lei do Valedor, que establece como causa de cese o “notorio incumprimento das obrigas e deberes do seu cargo”.

García explicou que “non precisamos para nada un Valedor do Goberno e do PP” e apuntou que “as institucións sempre deben estar moi por riba das persoas”. Subliñou, en alusión ao Alto Comisionado, que “si nalgún momento é necesario é neste mais que nunca” para defender “os intereses das persoas” no momento en que se están “recortando e tirando polo chan tantos dereitos dos cidadáns”.

Ulla Umia

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE anunciou que os socialistas membros da Mancomunidade do Ulla Umia manterán esta fin de semana unha xuntanza para “replantexar a nosa continuidade” no organismo logo de coñecer a imputación por fraude fiscal do seu presidente e alcalde de Portas, o “popular” Roberto Vázquez.

Pablo García dixo que o alcalde de Portas “non pode seguir un minuto mais” no seu cargo logo desta imputación “moi similar nos termos” á do exalcalde de Santiago Gerardo Conde Roa, que dimitiu por ter defraudado o IVE de inmobles xestionados pola súa inmobiliaria.

Considerou “inadmisible” a situación do presidente da Mancomunidade e lembrou que o propio presidente da Xunta anunciara “non perdoaría a quen metera a man” nos cartos públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar