o Parlamento tratará a situación de Ferroatlántica da man dos socialistas galegos

o Parlamento tratará a situación de Ferroatlántica da man dos socialistas galegos

o Parlamento tratará a situación de Ferroatlántica da man dos socialistas galegos

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeu a intervención dos socialistas galegos dende a Cámara autonómica para reclamar a implicación do goberno galego a favor da continuidade das factorías galegas de Ferroatlántica.

Así o dixo logo dun encontro en Cee, xunto cos deputados Abel Losada e Dolores Toja, co Comité de Empresa da fábrica da Costa da Morte, que trasladaron a súa preocupación diante da estratexia de segregación e posible venda das centrais hidroeléctricas galegas do grupo de ferroaleacións.

O responsable socialista comprometeuse a iniciar o novo curso parlamentario levando á Cámara autonómica unha batería de iniciativas dirixidas a acadar o compromiso da Xunta coa actividade industrial e garantir uns empregos que, de acordo coas sospeitas dos traballadores, estarían correndo un grave risco.

Ademais de esixir o compromiso da Xunta coa empresa para o mantemento da actividade e o emprego despois das inxentes axudas públicas que ten recibido por parte das diferentes administracións, entre elas a ampliación do porto de Brens que se fixo basicamente para dar servizo a empresa.

Sinalou que a relevancia da factoría para a comarca e polo tanto de toda a provincia da Coruña fai “incomprensible que o presidente da Xunta queira desentenderse desta situación”.

Os socialistas galegos respaldaron as demandas dos traballadores da factoría de Ferroatlántica na Costa da Morte, que reclaman a paralización do proceso de segregación de actividades da empresa e a venda das súas centrais galegas, así como garantir os postos de traballo. Reclamaron a intervención do goberno galego para garantir a continuidade da actividade, diante do impacto que suporía a perda dun dos principais focos de traballo e riqueza da comarca.

O portavoz do Grupo Socialista mantivo hoxe en Cee un encontro cos representantes dos traballadores da hidroeléctrica, que lle trasladaron a súa preocupación pola estratexia da empresa de “garantir as contas mentres todo apunta que se dirixen á segregación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar