O Parlamento está obrigado a explicar o uso irregular de coches oficiais polos membros do PP

O Parlamento está obrigado a explicar o uso irregular de coches oficiais polos membros do PP

O Parlamento está obrigado a explicar o uso irregular de coches oficiais polos membros do PP

PlenoO portavoz do Grupo Socialista ven de remitirlle un escrito á Presidencia do Parlamento para reclamarlle información exhaustiva sobre o uso dos vehículos oficiais da Cámara por parte dos membros da Mesa –agás os correspondentes á presidenta-.

O responsable socialista reclama “a relación concreta da persoa que o utilizou, do día en que o fixo, dos quilómetros realizados, así como da tarefa institucional de carácter representativo ou incidencia que a orixinou”. Os socialistas galegos reclaman así que a Presidencia aclare o uso de ditos vehículos polos membros do PP na Mesa para os seus desprazamentos habituais en contra dos acordos do Parlamento.

Por este motivo tamén se dirixen á Mesa do Parlamento con outro escrito para solicitar o carácter interpretativo que o PP estalle dando a un texto que limitaba o uso de coches oficiais “en función das tarefas institucionais de carácter representativo ou das incidencias encomendadas”.

Os socialistas galegos esixen que a Mesa “clarifique” o suposto carácter interpretativo da norma “en orde a interpretar que en ningún caso se consideren como tarefas institucionais de carácter representativo o acudir aos plenos, comisións ou mesas que celebre a Cámara galega, senón que se entenderán ás actuacións de carácter institucional representativa”.

Finalmente, reclaman que “se procedan a publicar na páxina web do Parlamento de Galicia as causas que xustifica tal utilización por parte dos membros da Mesa ou dos deputados ou deputadas que utilicen vehículo oficial, excluída á Presidencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar