Besteiro: "Feijóo di que O Parlamento é a casa de todos pero parece que é máis duns que doutros"

Besteiro: "Feijóo di que O Parlamento é a casa de todos pero parece que é máis duns que doutros"

Besteiro: "Feijóo di que O Parlamento é a casa de todos pero parece que é máis duns que doutros"

BesteiroO secretario xeral do PSdeG censura as “formas de facer política” logo de que a presidenta da Cámara impida aos cidadáns falar na sede do lexislativo.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou as “contradicións do PP”. Así o dixo logo de que, minutos despois de que o presidente da Xunta dixera que o Parlamento “é a casa de todos”, a presidenta da Cámara apercibira aos socialistas porque Besteiro fixera unha valoración pública na sede do lexislativo.

O secretario xeral dos socialistas galegos fixo estas declaracións fóra da sede acompañado por todo o Grupo Socialista e lamentou que “parece que é a casa máis duns que doutros”. Recomentoulle ao PP que “cambie as formas de gobernar e de facer política” que demostra que “non entenden cales son os tempos da política”.

Censurou o “dobre discurso” do PP, que “xustamente no día grande do Parlamento a alguén parécelle mal que o secretario xeral do PSdeG-PSOE fale no nome do Grupo Socialista como se houbese algo ilegal”.

Advertiu que “vamos mal, en vez de dar mais transparencia, o PP quere pechar o Parlamento” e aludiu ao encontro que mantivo tamén nas portas do Parlamento cos emigrantes retornados estafados “pola política abominable do PP”.

Os socialistas galegos solicitarán por escrito a norma específica que impide facer valoracións en sede parlamentaria e na que supostamente a presidenta da Cámara xustifica o seu apercibimento e os seus intentos de impedir a celebración de actos abertos á cidadanía organizados polo Grupo Socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar