O Parlamento desampara aos 600.000 galegos e galegas que votaron á oposición

O Parlamento desampara aos 600.000 galegos e galegas que votaron á oposición

O Parlamento desampara aos 600.000 galegos e galegas que votaron á oposición

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou o “desamparo” por parte do Parlamento “aos 600.000 galegos e galegas que votaron á oposición”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que evidenciou a “connivencia” entre Lexislativo e Executivo para impedir o control e impulso ao goberno por parte da oposición e na “estratexia de ocultación da información”.

O portavoz socialista denunciou a falla de resposta da presidencia da Cámara logo da petición de amparo diante da negativa da Xunta a remitir os contratos coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo Marcial Dorado. Losada reiterou hoxe que de non mediar unha resposta satisfactoria por parte da Presidencia do Parlamento, os socialistas galegos levarán o asunto ao xulgado.

Losada considerou “impresentable” a resposta do goberno galego aos socialistas, xa que logo de que Feijóo anunciara que a documentación fora destruída e que despois un secretario xeral técnico do Sergas advertira que, malia que si que existía, non a enviaba por ser demasiado abundante, agora a Xunta rexeite responder ás preguntas escritas amparándose nunha comparecencia na que non foi transmitida información algunha.

O PP rexeitou hoxe a solicitude de comparecencia emitida polos socialistas galegos para que Feijóo dera conta destes contratos da época de cando era, ao mesmo tempo, o máximo responsable do Sergas e amigo do coñecido narcotraficante. Os socialistas galegos si que levarán sen embargo este asunto ao Pleno a través dunha interpelación para que a Xunta dea conta dos criterios para a destrución de documentación.

Caixas

Losada criticou que a resposta do goberno e da Presidencia do Parlamento a estas peticións de información forma parte da mesma estratexia de “retraso e néboa” que aplican á Comisión de Investigación sobre as Caixas, declarando reservada a documentación que está a analizar.

O responsable socialista lembrou que “non existe razón algunha de peso” que avale a imposición do carácter segredo desta información, entre ela a suposta auditoría elaborada por KPMG e coa que Feijóo amparou a fusión. Lembrou que es informe serviu para amparar unha manobra política do PP que rematou coa desaparición das caixas galegas.

Atribuíu así a fusión a “obxectivos políticos inconfesables” nos que o Executivo autonómico actuou como “cooperador necesario dunha estratexia claramente de bussiness”. Así o dixo subliñando as declaracións do “axente político – electoral” do PP Francisco González, presidente de BBVA, que onte urxía ao FROB a aceleración do proceso de venda de NGB.

Situación económico – social

Losada salientou que o PP ven de rexeitar de novo a solicitude de comparecencia dos socialistas galegos para dar conta do fracaso das súas políticas de emprego, polo que o líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, empregará a sesión de control para preguntarlle a Feijóo pola situación económico – social de Galicia.

O próximo Pleno tamén incluirá unha moción socialista sobre o proceso de desindustrialización de Galicia provocado polo fracaso das políticas do Goberno galego,unha Proposición non de Lei sobre a “situación insostible” da enerxética Megasa, e unha interpelación sobre o tax lease.

Tamén incluirá unha proposición non de Lei sobre a situación dos afectados polas participacións preferentes, logo de que onte rematara o prazo para unirse ao proceso de arbitraxe.

Así mesmo, será incluída unha interpelación sobre a parálise do Hospital de Vigo polos problemas financeiros da empresa á que o Goberno de Feijóo llelo adxudicou, e unha pregunta sobre as políticas “salvaxes” de control fiscal dos inmigrantes galegos “mentres amnistían millóns de euros en contas de Suíza”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar