O Parlamento crea, a proposta dos socialistas, unha comisión para previr a corrupción política

O Parlamento crea, a proposta dos socialistas, unha comisión para previr a corrupción política

O Parlamento crea, a proposta dos socialistas, unha comisión para previr a corrupción política

Abel Losada trasládalle á presidenta do Parlamento o rexeitamento do control político das visitas

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo pola ausencia de iniciativas e o fracaso da súa política de emprego

A Xunta de Portavoces creou hoxe, a proposta dos socialistas, unha Comisión non Permanente de Estudo para a elaboración dun Plan de Medidas contra a Corrupción Política, que a continuación será constituída na Cámara Autonómica. Así o explicou o portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, logo da xuntanza de hoxe, na que foi fixada a orde do día do próximo Pleno do Parlamento.

O responsable socialista salientou a “absoluta relevancia” da creación deste órgano, logo dos recentes acontecementos coñecidos e publicados polos medios de comunicación, para recuperar e apuntalar a dimensión ética da política. Considerou fundamental e “estratéxico” que o Parlamento traballe a prol de recuperar o prestixio das institucións públicas.

Losada sinalou que a orixe do desafecto cidadán e da corrupción política radica na discrecionalidade no reparto de fondos públicos, e lembrou a información publicada esta fin de semana, pola que a Xunta contrataba “a dedo” a metade das obras licitadas. Explicou que “este é o xermolo de que os cidadáns perdan a confianza na política e os políticos”.

Chamou aos restantes grupos parlamentarios a “estar á altura das circunstancias” no transcurso dos traballos deste órgano para “frear a perda de capital reputacional” que está a sufrir a política no Estado e en Galicia.

Control político

Losada tamén informou de que a presidenta da Cámara ven de recabar, por terceira vez, as posicións dos grupos parlamentarios con respecto á asistencia dos cidadáns ás sesións plenarias, logo de ter decidido unilateralmente pechar as portas aos convidados polos grupos parlamentarios. O responsable socialista salientou que, en contra do comprometido, continúa sen entregar unha proposta por escrito aos grupos.

Explicou que a posición do grupo socialista mantense na defensa da orde no Parlamento pero “a nosa liña vermella pasa por non aceptar o control político das visitas” á cámara autonómica, e subliñou que “non estamos dispostos a criminalizar aos cidadáns que vean ao Parlamento”. Subliñou que o Grupo Socialista remitirá a súa lista de convidados para a próxima sesión plenaria “igual que fixemos ata agora e tal e como seguiremos facendo”.

Dixo que será a presidenta da Cámara quen decida si deixa pasar ou non a estas visitas e lembrou que as protestas da cidadanía no Parlamento derivan dos problemas ocasionados pola xestión do goberno do PP e non polos grupos da oposición.

Ademais, puntualizou que “a orde pública no Parlamento é mais que aceptable” e rexeitou que existira un “empeoramento do clima” na Cámara, xa que “levar unha pancarta ou unha camiseta non afecta ao traballo parlamentario”.

Losada subliñou que “a dignidade do Parlamento se cultiva doutra maneira”, e reprochoulle ao PP que tramite un Proxecto de Lei de Horarios Comerciais baixo o procedemento de lectura única, restrinxido a causas excepcionais e de urxencia, malia que “é un compromiso do presidente da Xunta de hai catro anos”. Dixo que o único obxectivo é restrinxir a posibilidade de presentar emendas acurtando o prazo a cinco días.

Emprego

O responsable socialista criticou que o PP teña rexeitado hoxe a comparecencia urxente en Pleno de Feijóo para dar conta da situación do mercado laboral solicitada polo PSdeG, e sinalou que, na pregunta oral da próxima sesión de control ao presidente, Pachi Vázquez preguntaralle pola ausencia e fracaso das súas políticas de creación de emprego.

Abel Losada lembrou que o resultado da xestión de Feijóo foi que, catro anos despois de chegar á Xunta, Galicia foi a segunda Comunidade Autónoma na que mais medrou o desemprego, mentres que o paro creceu en Galicia, no mes de xaneiro, o dobre que no resto do Estado.

O próximo pleno do Parlamento incluirá tamén unha interpelación socialista sobre a situación das enerxías renovables e a “paralización e ataque” ao Plan Eólico por parte dos gobernos do PP. Os socialistas tamén presentarán unha pregunta oral sobre o incumprimento do compromiso para a construción dun dique flotante en Ferrol, ou o despedimento dos orientadores laborais en Galicia.

O PSdeG defenderán tamén unha moción para acadar unha arbitraxe obxectiva, en igualdade de condicións e transparente para tódolos galegos afectados pola estafa das participacións preferentes e as obrigas subordinadas. Finalmente, serán debatidas unha proposición non de Lei para garantir a permanencia da obra social das caixas e unha proposición de Lei para crear un novo imposto sobre os depósitos financeiros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar