O Parlamento conta hoxe con máis mulleres que homes porque o PP pon ás mulleres nos últimos postos das listas

O Parlamento conta hoxe con máis mulleres que homes porque o PP pon ás mulleres nos últimos postos das listas

O Parlamento conta hoxe con máis mulleres que homes porque o PP pon ás mulleres nos últimos postos das listas

O Grupo Socialista apunta que o Parlamento conta hoxe con máis mulleres que homes porque “8 homes do PP dimitiron e entraron 8 mulleres, o cal deixa claro que sitúan ás mulleres nos últimos postos das listas”. Sinalan que “as fotos non poden agochar a desatención da Xunta ás políticas de igualdade” e que o PP manteña un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Igualdade.

As e os socialistas galegos amosan o seu compromiso coas políticas de igualdade real e non coa “paridade casual” que promove o PP, xa que “sabemos que o PP está a aproveitar a crise económica para recortar dereitos sociais e laborais das mulleres, o que supón un claro retroceso na igualdade”. Conclúen por iso que “non podemos confundir á cidadanía dando a imaxe ficticia de que Galicia avanza na paridade mentres día a día os dereitos e oportunidades das mulleres quedan relegados.

Os socialistas lembran que a realidade da representatividade feminina no Parlamento, logo das eleccións autonómicas, é que o PP tiña un 34 por cento de mulleres -13 de 38- fronte ao 50 por cento do BNG -6 de 6- e o 44 por cento dos socialistas -11 de 25-. Sen embargo, os cambios producidos ao longo da lexislatura non modificaron a porcentaxe entre os socialistas e o BNG, o que quere dicir que as listas foron equilibradas.

Ademais, sinalan, na pasada lexislatura só os socialistas galegos cumprían co reparto de 40-60 por cento entre homes e mulleres, mentres o BNG “estaba cerca” e o PP “quedaba 16 puntos por debaixo, co 24 por cento”.

Lei de Igualdade

Dende o Grupo Socialista lembran que esta situación prodúcese no Parlamento de Galicia “grazas á aplicación da Lei de Igualdade aprobada por un goberno socialista coa oposición frontal do PP, que mantén un recurso de inconstitucionalidade”. Sinalan que “a aritmética parlamentaria actual prodúcese a pesares da negativa do PP ás políticas de igualdade e á incorporación das mulleres á política en pé de igualdade”.

Engaden que esta situación “é froito da casualidade” xa que “foi preciso consumir tres cuartas partes da lexislatura para que os numerosos ceses dos deputados do PP que ocupaban os primeiros postos nas listas electorais deran como resultado o cumprimento de máis do 40 por cento da representación feminina na Cámara, algo que non acontecía nas filas do PP ao inicio desta lexislatura”.

Fotos

Sinalan que “as fotos non poden agochar a desatención da Xunta de Galicia ás políticas de igualdade que está sendo unha constante ao longo da lexislatura, dende a constitución dun goberno que incumpre a Lei galega de Igualdade ata a eliminación do Servizo Galego de Igualdade, o recorte das políticas de igualdade, da promoción do emprego das mulleres ou da atención sanitaria específica”.

As e os socialistas galegos defenden que a modificación da Lei Electoral para garantir listas que alternen homes e mulleres é o xeito de garantir que o Parlamento sexa un fiel reflexo da sociedade galega ante un PP que se ve obrigado a cumprir unha Lei na que non cre e que o demostra relegando ás mulleres aos últimos postos das listas electorais.

Por este motivo, presentarán unha Proposición de Lei para garantir as listas alternas e chaman ao apoio “non só de todas as deputadas da Cámara, senón polos 75 deputados e deputadas galegas”. Engaden que “ese día será histórico e os 75 membros da Cámara deberemos inmortalizar o momento pola transcendencia futura cara á defensa e garantía da igualdade efectiva entre homes e mulleres”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar