O Parlamento aproba unha proposta socialista para obrigar á concesionaria da mina de Corcoesto unha garantía financeira de responsabilidade medioambiental suficiente

O Parlamento aproba unha proposta socialista para obrigar á concesionaria da mina de Corcoesto unha garantía financeira de responsabilidade medioambiental suficiente

O Parlamento aproba unha proposta socialista para obrigar á concesionaria da mina de Corcoesto unha garantía financeira de responsabilidade medioambiental suficiente

Patricia Vilán lamenta que, malia este acordo, o PP teña votado en contra de invalidar o informe favorable á Declaración de Impacto Ambiental para esta explotación

A Comisión de Industria do Parlamento aprobou a proposta socialista para obrigar á entidade concesionaria da mina de Corcoesto a presentar unha garantía financeira suficiente. Esta iniciativa foi presentada pola portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, quen lamentou que o PP rexeitara pola contra invalidar o informe favorable da Consellería de Medio Ambiente á Declaración de Impacto Ambiental desta explotación.

A parlamentaria socialista sinala que a empresa Corcoesto Gold Mines, filial de Edgewater Corp., debera contratar un seguro de responsabilidade civil de en torno a 350 millóns de euros, cando o goberno galego acepta tan só 5.

Vilán acusou hoxe á Xunta de permitir que unha empresa de explotación mineira de Canadá poida operar impunemente sobre a mina de ouro de Corcoesto sen ofrecer garantías sobre o impacto medioambiental da súa actividade, que se centra na extracción de ouro utilizando cianuro, co conseguinte risco para o río Anllóns.

Apunta que o deber da Xunta de Galicia “está en dificultar, cando non impedir, que sociedades destas características poidan operar impunemente cos recursos e co futuro da nosa Comunidade Autónoma”. Lamenta que, pola contra, a Xunta “estase preocupando por converter a Galicia nunha gran explotación mineira en favor de empresas estranxeiras, pero non se preocupa en investir en ideas autóctonas e I+D+i”.

Serio risco

A responsable socialista lamentou que o PP rexeitara a parte da iniciativa que reclamaba deixar sen efecto o informe favorable á Declaración de Impacto Ambiental, reclamando un novo estudo “que inclúa os efectos sobre o medio ambiente, a saúde e a economía no caso de accidentes mai graves e perigosos”.

Vilán advertiu que o proxecto carece dos informes de riscos suficiente para unha actividade “tremendamente perigosa” para impedir que suceda unha catástrofe no río Anllóns, colindante coa mina, semellante ao de Aznalcóllar ou da rumana Baia Mare.

dixo que o goberno galego permite estas explotacións que poñen en serio risco ao medio ambiente utilizando cianuro e arsénico para a extracción do metal. Lamenta que a Xunta “vende estas actuacións como unha oportunidade de creación de postos de traballo pero non ten interese ningún en divulgar as terribles consecuencias que esta actividade pode ter no futuro”.

Explicou que as repercusións futuras da explotación suporán mais de 400 hectáreas de mina a ceo aberto e, por cada quilo de ouro consumirán 128 quilos de cianuro, xerará 4.000 toneladas de residuos, incluíndo 250 quilos de arsénico. En total, xerará 20 millóns de metros cúbicos de estériles de mina e 100.000 toneladas anuais tratadas con cianuro, sosa cáustica e ácido clorhídrico.

Vilán advertiu que nas piscinas de lixiviados desta explotación “poderán quedar acumuladas, coa bendición da Xunta de Galicia, 12 toneladas de cianuro”. Sinala que nete momento as augas do río Anllóns, malia ser lugar de interese comunitario e zona de especial protección para aves, duplican o nivel de arsénico ao atravesar a zona de Corcoesto, acadando xa a metade o límite aceptable en augas para consumo humano.

A parlamentaria socialista apunta que Galicia é a sétima Comunidade Autónoma por superficie pero a cuarta por produción mineira, con mais de 520 explotacións en activo. Acusou á Xunta de utilizar a escusa da crise económica para “permitir que as empresas mineiras convertan toda Galicia nunha gran mina a ceo aberto sen garantías suficientes de non arrasar o patrimonio natural, cultural, paisaxístico e medioambiental de Galicia”.

Iniciativa aprobada:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que obrigue á entidade concesionaria da subscrición dunha garantía financeira suficiente, ao abeiro do disposto nos artigos 24 e seguintes da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de responsabilidade medioambiental (en relación coa Directiva 2004/35/CE e coa Directiva 2006/21/CE), así como ao disposto ao respecto na lexislación galega, en especial, na lei 3/2008, de 23 de maio, de ordenación da mineiría de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar