O Parlamento aproba unha proposta socialista para impulsar a produción de botelo e androia

O Parlamento aproba unha proposta socialista para impulsar a produción de botelo e androia

O Parlamento aproba unha proposta socialista para impulsar a produción de botelo e androia

Carmen Acuña salienta que a Xunta ven de recortarlle 15 millóns de euros en tres anos aos programas de mellora da calidade agroalimentaria, deixando ademais sen executar o 36 por cento

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que impulse medias de estímulo á produción do embutido coa certificación de calidade botelo galego e da androlla, presentada pola parlamentaria Carmen Acuña.

A parlamentaria socialista reclamou a posta en marcha de “medidas para estimular a creación de empresas para a produción e comercialización do embutido coa Indicación Xeográfica Protexida botelo galego”. Lembrou que durante a pasada lexislatura conseguírase iniciar a declaración de Indicación Xeográfica Protexida, que foi denegada coa chegada de Feijóo á Xunta.

Acuña sinalou que esta denominación supón “o primeiro paso necesario para a súa consagración como produto gastronómico importante de Galicia”, e reclamoulle que expliquen “qué fai a Xunta para acadar esta distinción” tal e como lle foi concedida ao Botillo do Bierzo.

Reclamoulle ao goberno do PP que continúe con este traballo iniciado polos socialistas galegos na pasada lexislatura para “aproveitar tódalas oportunidades para estimular e diversificar a nosa economía”. Reclamoulle ao goberno galego que “contribúa con medidas para estimular a creación de empresas de produción e comercialización desta IXP” ao tempo que desenvolve a súa “imprescindible” protección.

Lembrou ademais que “actualmente, no Centro de Promoción de produtos tradicionais, creado a través de fondos comunitarios para o Eixo Atlántico, téñense posto en marcha en Valdeorras cursos para formarse e coñecer a forma tradicional de embutir”.

Recortes na mellora agroalimentaria

A parlamentaria socialista advertiu que, en lugar de continuar con esta labor, a Xunta ven de recortarlle en 2012 15 millóns de euros aos programas de mellora da calidade agroalimentaria, pasando de 27 a 14,5 millóns de euros dende a chegada de Feijóo á Xunta. Engadiu que a situación agrávase ao revelar que o Goberno galego demostrouse incapaz de executar as partidas destinadas a este programa, no que só executou o 64 por cento.

Reclamoulle ao PP que se amose “coherente e sintonice coas necesidades” plantexadas neste caso dende Valdeorras, para “fomentar calquera oportunidade para a mellora dos recursos de Galicia”, especialmente nas zonas do interior de Galicia. Apostou por impulsar calquera tipo de axuda para facilitar o desenvolvemento como “unha das poucas oportunidades que temos en Lugo e Ourense para saír da crise”.

A responsable socialista lembrou que foi o propio PP de Valdeorras quen protestou porque na pasada edición da Feira do Botelo de Valdeorras os embutidos servizos procederan de Viana e non da propia localidade, pola súa incapacidade para atender á demanda deste produto.

Texto da iniciativa:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a implementar as medidas de estímulo necesarias para a creación de empresas para a produción e comercialización do botelo e da androlla e a apoiar e promover a venda dos mesmos baixo as fórmulas de diferenciación e certificación de calidade máis acaídas para estes produtos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar